Cáritas segue existindo
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 25 de septiembre de 2025
Nuns tempos nos que avanzamos tanto, TANTO, TANTO...
-Xa puxemos un pé na lúa.
-Xa erradicamos moitas enfermidades.
-Xa temos acceso á educación obrigatoria.
-Xa temos sanidade pública.
-Xa temos acceso a internet.
-Xa, practicamente todos andamos, cun móbil na man.
-Xa se incoroporou a muller ó mundo laboral.
-Xa temos máis coñecementos que nunca.
-Xa poñemos unha cruz na declaración da renda para fins sociais.
-Xa...
OS SERVIZOS SOCIAIS CUBREN MOITAS NECESIDADES
Claro que si.
Son moitas as persoas que se acollen a estes servizos e alivian un pouco a situación na que se encontran.
Pero todas as axudas se fan poucas.
A REALIDADE DINOS QUE:
-Non hai suficiente coas axudas que ofrece o estado de benestar.
-Que ás portas de Cáritas Diocesana sempre hai cola
E tampouco é suficiente.
A POBREZA ECONÓMICA SEGUE EXISTINDO
En España:
-Padecen os efectos da pobreza económica todas aquelas persoas que tiveron que deixar o seu país e a súa xente e agora vense obrigadas a facer todos aqueles labores que os españois xa non facemos.
-Padecen os efectos da pobreza económica todas aquelas persoas que cobran o soldo mínimo aínda que o labor que fagan esixa moito esforzo.
-Padecen a pobreza económica todas aquelas persoas que teñen un traballo temporal: hoxe si e mañá non.
-Padecen pobreza económica moitas persoas viúvas, especial- mente mulleres, que no seu día se dedicaron ás labores do fogar e non cotizaron á Seguridade Social.
-Padecen pobreza económica moitas persoas que traballaron moitos anos pero non foron dadas de alta na Seguridade Social.
NON DEXAN DE PADECER POBREZA ECONÓMICA:
Moitas persoas que tendo unha certa preparación académica, teñen un soldo baixo con relación á súa preparación e responsabilidade.
¿XA NON HAI MENDIGOS?
Hainos e moitos.
Por eso aínda son moitas as persoas que viven na rúa e durmen onde poden, ou onde lles deixan.
A veces incluso persoas que tiveron un certo nivel económico
Ninguén está libre de verse en situación vulnerable.
PARECE MENTIRA
Que no noso planeta haxa suficiente para todos e que uns cuantos acaparen tanto e unha maioría tan pouco...
Algo falla.
Mentres estas situacións se produzcan, Cáritas Diocesana terá que seguir existindo alimentando a súa xenerosidade coa Palabra de Deus.
É a Palabra de Deus, a través dos seus ministros, a que move os corazóns de tantas e tantas persoas que, a parte da súa colaboración económica, tamén aportan servizo de voluntariado a favor dos máis desfavorecidose, por suposto, oración.
TODO TIPO DE PERSOAS Á COLA
Cáritas non fai distinción por razón de crenzas, raza, cor de pel, ideoloxía política, etc...
A caridade é universal, só se limita a atender necesidades.
As primeiras necesidades que ten o ser humano son as da alimentación, o vestido e o calzado.
Pero non hai suficiente con dar o peixe, tamén é preciso dar unha canabeira e ensinar a pescar.
Hai persoas que se habitúan á vida cómoda e non miran por superarse.
Cada quén dentro das súas capacidades ten a obriga de prepararse un futuro.
Ten a obriga de gañarse o pan coa súor do seu propio rostro.
PORQUE O QUE NON COSTA, NON SE VALORA
Non hai mellor mestre que a propia experiencia.
Cando nos esforzamos todo canto dan as nosas capacidades, sabemos o valor das cousas: coidámolas e mimámolas.
E tamén dámos grazas á vida e a Deus (os crentes) por tantos talentos para poder realizármonos.
É unha riqueza moi grande poder gañarse a vida honradamente disfrutando do froito do propio esforzo.
Sentímonos satisfeitos con nós mesmos.
Colaboramos na construcción dun mundo mellor para todos.
Deixamos un bo legado para as xeracións futuras.
"O NOSO LEGADO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora