Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vigas en ollo alleo

lunes, 21 de septiembre de 2009
Que os gobernantes teñen problemas derivados da actual situación económica –local e mundial- é de xeral coñecemento. E pódese estar de acordo ou non coas decisións que tomen, pero é a eles a quen lles corresponde a toma de decisión segundo o seu leal saber e entender. Que para algo ocupan os seus postos en virtude dunhas eleccións legais e limpas.

Vendo o problema que o goberno -os gobernos- ten /teñen, o Presidente da Confederación española de Cajas de Ahorros, o galego Juan Ramón Quintas Seoane fixo unhas sorprendentes declaracións abogando por un adianto das eleccións se as forzas políticas e os axentes sociais non se poñían de acordo para superar a crise. A resposta máis contundente veulle ó día seguinte por boca do seu vicepresidente, que se opoñía a unha solución como esta, entendendo que non cómpre unhas eleccións para solventar un problema para o que hai un goberno que o enfronta do xeito que mellor entende.

Parece esto ver a viga no ollo alleo e non no propio. Parece querer dar a entender que o problema está no goberno cando gran parte do problema está nas entidades de creto que non viron o que se lles viña encima e agora están pagando alegrías pasadas, en época dura para todos.

Que sexan os políticos os que afronten os problemas de xeito político e quédense os restores das entidades de aforro e os bancos para gañar diñeiro á vez que cumpren a función social que teñen encomendada. Cada quen na súa función, sen pretender mover a silla a ninguén.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES