Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vivir a vida / Advento (15)

Gómez Vilabella, Xosé M. - viernes, 10 de octubre de 2025
De catecúmeno pasei a catequista

Xoán 1,19-23: "Eu son a voz do que clama no deserto, "Endereitade o camiño do Señor". Vivir a vida / Advento (15)

¿Que aqueles "mestres de a ferrado" non eran / non éramos catequistas? ¡Todos somos, e todos fomos, catequistas, en tanto en canto algo predicásemos, sequera fose co noso exemplo de cristiáns!

O primeiro dos catequistas foi a Virxe María, que nos deixou dito, ¡demostrado!, que hai que cumprir, e para iso encantados, a vontade do noso Xefe, a de Deus: "Velaquí a escrava do Señor: cúmprase en min o que dixeches". (Lucas, 1, 38).

Outro da mesma familia, outro que lle foi leal ao Creador, cada quen no seu papel, foi o Bautista, Xoán, o Presentador da Obra Salvífica.

¿E nós, os sucesivos alumnos, que? ¡Como receptores do mandato divino, temos a obriga de, "Déuseme todo poder no Ceo e mais na terra. Ide, pois, e facede discípulos meus a tódolos pobos, bautizándoos no nome do Pai, e do Fillo, e do Espírito Santo; ensinándolles a gardar canto vos mandei. Asegúrovos que estarei sempre convosco ata a fin do mundo". (Mateo 28, 18-20; e Marcos 16, 15-16).

Sendo a escola unha porta da ciencia, a meirande...; a meirande, non, pois a ciencia grande está en asegurarnos a entrada no Ceo, así que a ciencia terráquea, do noso Creador arranca, arranca e se nutre posto que tódolos inventos, tódolos descubrimentos, fanse, facémolos, cos produtos que Deus puxo ao noso dispor. Daquela, ¡que Grande e Deus, e que analfabetiños somos os seus servos, por listos que nos teñamos!

Un mestre nunca pode substituír aos pais, aos avós, aos achegados de cada familia, pero si compartir con eles a gloria da Relixión. Aquel Cura de Luaces seica denunciou ao Mestre Rielo porque lle contestou: “-Señor Cura, vostede ensínelles relixión, que a min incúmbenme as matemáticas”. Non era motivo para denuncialo aos falanxistas, pero a contestación tamén foi algo simplista, pois o Rielo tiña que contestarlle, máis ou menos: “Señor Cura, xa estou ensinando relixión..., co meu exemplo, pois ben que o dixo o Mestre dos mestres, “Coñecerédelos polas súas obras”. Aquel equívoco ocasionou a denuncia, e coa denuncia o fusilamento, precisamente na horta do Seminario Maior de Lugo..., ¡pero equivocáronse, tamén eles, pois a relixión non se ensina a tiros senón copiando de Cristo, coa bondade e coa humildade de Cristo!

O belicismo da fe

Nisto meditamos pouco: Os países cristianizados padecemos un nivel máis alto de tentacións. ¿Pourquoi? ¡Obvio: Satanás préstanos máis atención, afina as súas tentacións para lograr que nos pasen desapercibidas! Os cristiáns, co bautizo, somos combatentes nas hostes de Cristo, e por tanto, inimigos do seu inimigo! ¿Receita? Recemos o Noso Pai con ganas, con fe, con entusiasmo: “... Non nos deixes caer na tentación, e líbranos do mal”.

Nesta competencia entre o bo e o malo, entre a humildade e aquela soberbia herdada, claro que Deus nos defende..., se nos mantemos firmes nas súas filas, se predicamos, se cultivamos a súa doutrina. Non esquezamos iso do libre albedrío, aquela libertinaxe herdada de Eva, sempre perigosa. Coidamos que nos chega coa nosa filiación, así que metemos as mans no peto; daquela, ¿onde está a nosa militancia, por que enterramos os talentos recibidos?

Nas nosas aldeíñas ben defendidos estivemos, e nos criamos, con un crucifixo e mailo santo rosario pendurados da parede frontal das nosas, ¡benditas!, lareiriñas, pero, maiormente no XX, a ¿civilización? tróuxonos novas, inéditas, tentacións, particularmente por medio da radio e da televisión, así que o diabro, igual que fixo con Eva, utiliza as nosas soberbias, as nosas apetencias, máis que carnais carnívoras, grandilocuentes, para levarnos a novos antollos, que só se vacinan, só deixan de ser absorbentes, en todo tempo e lugar, se conservamos a humildade relixiosa. Pero, iso, ¿como se fai? Vivir a vida / Advento (15) Pois..., dedicándolle máis atención; por poñer un exemplo, dándolle á cruz unha reverencia que non sexa inferior á do balón futboleiro! Xa pouca xente se ve de hábitos, ou con medallas e cruces, pero abundan as insignias do equipo local, camisas incluídas.

Daquela si que éramos relixiosos, si que estabamos á defensiva, ¡incluso de mortos! Si, de mortos, pois os vivos ben que axudabamos a face-lo transo. ¿Algunha proba diso? ¡Un cento, pois incluso botabamos sal polo chan da habitación onde estivese o cadáver, ¡sa de despedida de familiares, amigos e veciños!, para que o diabro, se intentaba achegarse, patinase no sal. Tamén se poñía un caldeiro con auga bendita ao lado do corpo, unha rama de loureiro sobre do defunto, para que entrase con ela no Ceo, tal que Xesús na marcha triunfal do seu domingo de Ramos, etc. ¿Eran supersticións? ¡En absoluto: era un alistamento, unha confirmación no bando dos bos, de Deus, dos triunfantes!

A todo iso a principal declaración de guerra era aquela de queimar os diabros con augardente; queimadas, lles chamabamos. Pero vouno poñer en castelán para que se entenda mellor, por máis xente:
“Búhos, lechuzas, sapos y brujas. Demonios, trasgos y diablos, espíritus de los nebulosos valles. Cuervos, salamandras y brujas: hechizos de las curanderas. Podridas cañas agujereadas, hogar de los gusanos y alimañas. Fuego de las Santas Compañas, mal de ojo, negros hechizos, olor de los muertos, truenos y rayos. Aullido del perro, pregón de la muerte; hocico del sátiro y pie del conejo. Pecadora lengua de la mala mujer casada con un hombre viejo. Infierno de Satán y Belcebú, fuego de los cadáveres ardientes, cuerpos mutilados de los indecentes, pedos de los infernales culos, mugido de la mar embravecida. Vientre inútil de la mujer soltera, maullar de los gatos que andan en celo, greña sucia de la cabra mal parida. Con este fuelle levantaré las llamas de este fuego que se asemeja al del infierno, y huirán las brujas a caballo de sus escobas, yéndose a bañar en la playa de las arenas gordas. ¡Oíd, oíd! los rugidos que dan las que no pueden dejar de quemarse en el aguardiente, quedando así purificadas. Y cuando este brebaje baje por nuestras gargantas, quedaremos libres de los males de nuestra alma y de todo embrujo. Fuerzas del aire, tierra, mar y fuego, a vosotros hago esta llamada: si es verdad que tenéis más poder que la humana gente, aquí y ahora, haced que los espíritus de esos amigos que están fuera, participen con nosotros de esta Queimada.”
-.-

“Heiche dar todo isto se te postras e me adoras”

Entón replicoulle Xesús: “Arreda, Satanás, porque está escrito: “Só ó Señor, ó teu Deus, adorarás, e só a El darás culto”. Deixouno Satán, e achegáronse os anxos para servilo”. (Mateo, 4, 9 -11).

Tan explícito foi o Mestre, aquel, o noso, o de maiúsculas, que incluso lles soprou aos Evanxelistas como tiñamos que comportarnos nas tentacións diabólicas, nas do inimigo malo. Outra lección témola aquí cerca, ben visible: Os romanos, para que non lles roubasen o roubado, fixéronlles construír aos seus escravos as murallas de Lugo. Satán, para non perder os seus avances, móstranos o libro dos vicios, esa pantalla da tele, poñéndonola diante do libro dos Evanxeos, que case sempre o temos, ¡pero!, na librería. Á súa “pelota” si que temos que darlle unha boa patada, para desviala, para que non entre o seu “gol” na nosa portería!

Desas tentacións ofertadas pola tele hainas que son divertidas, e incluso cultas, pero o pecado está en non distinguir unha árbore da outra, as de froito san das diabólicas, séxase, das que teñen malas consecuencias, sexa para nós ou para o próximo. ¿Ides vendo, queridos nenos, que o deporte da nosa salvación tamén require instrución, sabernos o regulamento? ¡Canto máis pícaro, canto máis hábil é o rival, máis preparación a nosa; e cando progresamos moito, o rival de Cristo tamén se supera..., para levarnos a dianteira! ¿Está claro que o Advento require preparación, abastecer o noso arsenal con boas armas, quero dicir, con virtudes? Volvamos, sempre, á parábola dos “talentos”: (Mateo, 25, 14 – 30), e Lucas, 19, 11-27). ¿É clariña, instrutiva, non si?
¡Cantos máis talentos recibamos, canto mellore a nosa cultura no noso ambiente socio-cultural, máis obrigados estamos a facer un bo uso dos talentos que Deus nos vaia dando; e se somos pais, ou mestres, dobremente, dada a nosa responsabilidade, que neste caso si que é “ante Dios y la Historia”, e non aquela bufonada do noso Ditador!
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES