Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todos somos Emevé

viernes, 18 de septiembre de 2009
Cando un equipo triunfa, a cidade na que se asenta triunfa con el e sente como propios os seus éxitos. Lugo tivo moitas ocasións para sentirse parte especial do Emevé nos numerosos fitos da súa gloria deportiva.

Pero cando un equipo sofre, tamén a cidade se sabe mostrar parte viva dunha comunidade deportiva que nos representa a todos os efectos.

E o Emevé ten moi recente un sangrante sufrimento do que todos fomos e somos partícipes, doéndonos na alma a morte de Aída Cela, Iris Arias e Patricia Xavier e a dor física e no corazón do resto das xogadoras, dos directivos, das súas familias e de todos os socios do equipo.

A Semana de Cine de Lugo, sensible por selo os seus organizadores e patrocinadores a todo o que sucede na cidade, quixo facer constar a súa dor pola traxedia e o seu desexo de ánimo a todos os membros do Emevé, que por extensión somos todos os lucenses.

E así, dentro da XXXI Semana de Cine de Lugo réndese homenaxe a este histórico clube lucense, lembrando as rapazas que se foron fisicamente pero que permanecen na memoria de todos, desexando que esta lembranza sexa un mínimo bálsamo de agarimo e unha nova ocasión para que a cidade de Lugo -nesta ocasión, a través do cine-, testemuñe que individual ou colectivamente “todos somos Emevé”.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES