Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ao César o que é do César

Rivas Delgado, Antonio - lunes, 15 de septiembre de 2025
Ao Csar o que  do Csar Ao Csar o que  do Csar Non hai dous sen tres. Dous Recunchos seguidos sobre as novenas dos Milagres. E aínda que estas remataron hai hoxe precisamente oito días, toca o terceiro relato sobre elas. Porén, este non será en plan relixioso, católico, senón que será cun propósito reivindicativo.

Xusto ó rematar esa gran romaría, o gran Carrabouxo publicou unha viñeta na que cometeu un erro que se perpetra practicamente todos os anos en algún que outro medio de comunicación, un erro no que incorren algunhas personalidades e que cometen moitos cidadáns de a pé. Parte da viñeta dicía o seguinte: “Hoxe fun aos Milagres a Maceda, ao Portal a Ribadavia e aos Remedios a Ourense”.

(FOTO2)Ós que somos de Baños de Molgas, o de Maceda chocounos na vista e no entendemento. E, por que non, na conciencia. Porque, como dicía, non hai un ano (principalmente, si, nesta época por estar ese santuario de actualidade a causa dese evento relixioso) no que non se diga que Os Milagres son de Maceda ou están en Maceda, cando, legalmente, oficialmente e desde que a Santiña lle apareceu, segundo a lenda, a uns pastores de Froufe, sempre pertenceron a Baños de Molgas, máis en concreto á parroquia de Vide

Entendo que por parte do Carrabouxo foi un erro sen intención, quizais por descoñecemento ou quizais por comodidade, xa que, hoxe en día, tales erros son moi fáciles de emendar; chega cun clic no rato do ordenador ou nunha simple tecla do móbil para saber a exacta localización de tal lugar e a pertenza a ó concello, provincia, rexión, etc. Ante a dúbida, o san Google soluciona todo e a Intelixencia Artificial esa ata nos di de que pé coxeamos.

Por outra banda, podo salientar o desinterese con que lemos moitas veces a prensa, por exemplo; pois no caso ese das novenas, todos os días, eo xornal ourensán falaba desa peregrinación ó monte Medo e nun ou noutro artigo aparecía o nome de Baños de Molgas. Tampouco é a primeira vez e, por desgraza, penso que non vai ser a última na que haxa que corrixir, rectificar ese erro, do que, máis ou menos, xa todos deberiamos de ter constancia. Porque, xa digo, non é unha vez, nin dúas, nin tres; é practicamente todos os anos nos que se sitúa a Os Milagres no concello que non é. Non teño nada contra Maceda (traballei 25 anos aí), pero ao César o que é do César.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES