Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 12 de septiembre de 2025
O Manifesto Madelman

Hai uns días, cando entraba coa muller no portal do edificio no que vivimos, tamén o facía ó mesmo tempo un home que non tardou en darnos un pequeno paquete. A miña cabeza fóiseme a un dos fillos que pide bastante a miúdo cousas por Amazon. Deseguido, a muller xa mo estaba ensinando e axiña vin que viña ó meu nome. Foi instantánea a miña exclamación: "O libro de Eloy Gayán!". Tan instantánea que nin tan sequera mirara o remite. Máis non errara na miña intuición. Á esquerda constaba o seu remite.
Por medio das redes sociais sabía que presentara o seu novo libro na Coruña e como xa anteriormente me agasallara cos dous últimos ("Unha ponte a Peulla" e "A extremo!"), a dedución, a exclamación era lóxica. Ó entrar no piso, incluso antes de cambiar de calzado, abrín o paquete e alí estaba: "O Manifesto Madelman". Por certo, os tres con dedicatoria incluída. Pingas de Orballo
Acabo de lelo e, aínda que semelle que farei moito conto, moita loa polo agasallo, teño que confesar que se me tome de veras. Con total imparcialidade, direi que "O Manifesto Madelman" é unha bonita forma de contar o inicio da democracia española baixo o prisma dun neno de 12 anos. Eloy Gayán fai así a política amena e entendible, cun final moi emotivo.
A novela percorre todo o ano 1976 e medio do 1977, xusto para contar as primeiras eleccións xerais democráticas logo da morte do ditador Francisco Franco, que se levaron a cabo o 15 de xuño. E aínda que todo o enfoque do libro está na política e no catolicismo daquela época, de cando en vez, asomaron asuntos que me devolveron á infancia. Fermoso libro.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES