Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Termalismo en Ourense

viernes, 18 de septiembre de 2009
Cinco millóns de litros diarios de augas termais. Este é o argumento de Ourense para impulsar Termatalia, a feira que se vai celebrar a mediados de outubro para “vender” as potencialidades da segunda cidade de Europa en termalismo, despois de Budapest, e a primeira de España.

A Feira internacional de Turismo termal é unha oportunidade anual que vai xa pola novena edición, para poñer no seu lugar as terras de Ourense e gañar en consideraciuón e explotación económica dunha riqueza que ven de fai dous mil anos cando os romanos souberon aproveitar en toda a súa potencialidade as augas caldas da capital das terras do ouro.

Aínda que debe ser difícil cuantificar o número de litros de augas cálidas que brotan do interior das terras ourensanas, resulta máxica –e seguro que verdadeira- esa cifra de cinco millóns de litros ó día que o subchán de Ourense acariña e quenta.

Vai haber con este motivo un Encontro internacional sobre auga e termalismo, un congreso Nacional de Hidroloxía Médica, e participan representantes de vintecinco paises. Galicia, con máis de trinta manantiais de auga calda é a comunidade máis importante das españolas en canto a enerxía xeotérmica con arredor dun vinte por cento da actividade termal total de España. E dentro de Galicia, Ourense, capital.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES