Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á Beira do Camiño: As romarías da Virxe

viernes, 18 de septiembre de 2009
Falamos de Galicia. Das tamén chamadas festas do “oito de setembro” por ser o día de máis abundancia de festas e o máis simbólico e festeiro. Ven a ser o día do nacemento,
da Natividade,de María. Na diocese de Lugo destacan, sobre todo, as da Nosa Señora do Faro (por terras de Chantada/Lalín) de Cadeiras (Sober, no centro da Ribeira Sacra), a de Santa María, a Real, no Cebreiro (Pedrafita), A Ermida (Quiroga), a Santa María en Fonsagrada e a dos Remedios en Cesar, na comarca de Sarria. A maioría delas no cume das montañas. Parece que os nosos antepasados tiñan clara a protección extraordinaria de María na súa vida e na súa entorna.

Vimos de celebrar as deste ano. Con moita solemnidade e asistencia. Desde aquelas datas do vello e gran poeta e trobador medieval, Xoán de Requeixo, que cantaba e loaba
á Virxe do Faro, pasando polas fermosas cantigas de Afonso X, o Sabio, loando a Santa María de Lugo (século XIII) ate hoxe en día, os lugueses e luguesas de toda crase e condición e de moitos xeitos distintos, non deixaron de manter viva esta antiga tradición de festexar e de honrar á Virxe María nestes destacados lugares de culto público.

Estes míticos e mesmo esotéricos lugares, rodeados e amparados por unha manchea de ritos simbólicos, arrincados das orixes e relixións máis primitivas (como son e foron as fontes, a auga, os regatos, as romarías, as promesas, o bico ás imaxes e mantos, a levar as andas, a ofrecer aos quintos para evitar o servizo, as ofrendas que seguen, as misas, as penitencias, as merendas familiares e/ou comunitarias...) seguen a mobilizar e tamén
a entusiasmar a unha enorme cantidade de persoas (cristiáns e non cristiáns) que, por
estaren ofrecidos e/ou por costume ou mesmo por simple tradición e mesmo inercia, van aumentando. A pesar dos centos de festas gastronómicas que se inventaron neste País de xubilados (voluntarios e forzosos) e que lles foron engadindo nestes últimos anos.

Para os nosos antepasados, que pertencían todos ao mundo rural, as festas de setembro, por seren as que pechaban o tempo de teren xa as colleitas para o ano nas súas casas, levaban, no fondo e na superficie, un profundo senso de celebración solemne e festiva, que vila a ser unha acción de grazas solemne a Deus a través da Virxe María, da que se sentían seus fieis devotos e agradecidos. Daquela, esperábase , case todo, do Ceo.

Deste xeito temos de ler e interpretar (con máis/menos consciencia) o senso orixinario do motor desta longa permanencia e continuidade destas festas marianas. O mundo rural galego, sinxelo e pobre (rozando a miseria) precisaba destas e outras moitas axudas do mundo sobrenatural para seguir malvivindo. Tentaban de compensar as limitacións da súa vida cotiá.

Hoxe en día, mantéñense estas tradicións porque son doadas de cumprir. Non levan grandes esixencias e compromisos. Moitas delas non teñen sentido real porque non levan nin implican movemento cara adiante e moito menos vontade evanxélica de Xesús de sermos fieis ao Señor e ao próximo cumprindo co Mandamento do Amor e pondo a vida a disposición e servizo dos irmáns na vida de cada día. Niso constitúe a esencia da fe cristiá. Outra incoherencia dos nosos tempos que mostra a pouca consistencia dunha fe fundamentada só, e case exclusivamente, nos ritos, nunhas fórmulas e costumes sen senso profundo da vida. Volveremos sobre o interesante tema da “relixiosidade popular”. Os seus valores e as súas carencias.

Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES