Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xenéricos

jueves, 17 de septiembre de 2009
As campañas publicitarias vanse acomodando á actualidade de cada momento, e as grandes marcas teñen emprendido unha importante acción informativa para que sigamos consumindo os productos de sempre, coas marcas coñecidas, coa seguridade -así se di- de que aí está a calidade que agardamos e merecemos.

Mentras tanto, as grandes superficies ofrecen produtos similares ós desas marcas coñecidas, sen nome propio ou co da mesma superficie, as chamadas “marcas blancas”, que ás veces son producidos polas mesmas fábricas que presumen de nome e de renome.

No mundo dos medicamentos pasa algo parecido. Os nomes máis coñecidos de medicamentos de uso común, cun determinado precio e dominio do mercado teñen enfronte outros productos similares, de nome non coñecido, moito máis baratos. Son os chamados “xenéricos”, que resultarían moito máis baratos para os enfermos e para a Seguridade Social, que soporta unha factura multimillonaria por este concepto, que representa o vintecatro por cento do total do gasto do Servizo Galego de Saúde.

Das comunidades autónomas, a galega é a que menos produtos “xenéricos” consume, e mentras en Cataluña xa supoñen o quince por cento do consumo e en Madrid o once por cento, en Galicia non se supera o 3,93%.

O Parlamento de Galicia ven de aprobar de xeito unánime a impulsión da prescrición de medicamentos xenéricos na Comunidade, tentando reducir o excesivo gasto farmacéutico, agardándose por un plan da Xunta para dar cumprimento a unha recomendación que terá efectos moi beneficiosos no sistema galego de saúde.

A fin de contas, pouco nos importa consumir medicamentos moi coñecidos. O que nos interesa, a todos os efectos, é que sexan efectivos e custen -a nós e ás arcas públicas- o menos posible.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES