A guerra dos animais
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 18 de septiembre de 2025
Ao pouco de Deus crear o mundo, un desacordo entre os animais da terra e as aves do ceo, fixo que se declararan a guerra entre si.
As batallas entre as aves do ceo e os animais da terra era frecuente e a falta de entendemento entre eles era absoluta. As baixas entre eles non tiñan límites e entre os mortos, feridos e os que quedaron inútiles facía que tanto por unha parte como pola outra cada día fosen a menos.
O león, rei dos animais, púxose de acordo con outro animal para que fixera de espía, e lle comentara cales eran os planes de guerra das aves, os seus inimigos, pero dáse a casualidade, de que o aguia, rei das aves, tamén fixera o mesmo, o de poñerse de acordo con outro animal para que fixera de espía e que lle comentara ás aves a estratexia de guerra dos animais.
A loita entre eles proseguía, pero os plans de guerra cada vez se complicaban máis, pois daba a sensación de que ámbalas dúas especies, animais da terra e aves de ceo, coñecían perfectamente os seus planes. Se hoxe os animais da terra atacaban polo Sur, por alí aparecían os seus inimigos, e se as aves do ceo atacaban polo Norte, por alí habían de aparecer os animais da terra para contraatacar. E así sucesivamente.
Un día o león tivo unha sospeita, dáballe a sensación de que no seu exército había un espía, pero, quen era?, quen o traizoaba?. E tomou unha sabia decisión, a de xuntarse co aguia e facer un tratado de paz. Os animais da terra collían perfectamente na terra e as aves do ceo, collían perfectamente no ceo, para que loitar innecesariamente?.
O león mandoulle unha mensaxe ao aguia para reunirse e facer un tratado de paz e a resposta por parte do aguia, foi positiva, e así se reuniron ámbolos dous reis.
Fronte a fronte o león e o aguia, preguntoulle o primeiro, tes un espía no meu exército?, ao que o aguia respondeu afirmativamente. O león ao ver a sinceridade do aguia díxolle, pois eu tamén teño un espía introducido no teu exército!, xa mo parecía!, respondeu o aguia. Quen é o teu espía?, preguntou o león, pois o morcego!, respondeu o aguia ante a sorpresa do león o cal lle dixo, pois o meu tamén é o morcego!. Estanos traizoando aos dous. Estaba claro, era o espía ideal xa que ten corpo de rato como os roedores e ás de paxaro como as aves de ceo.
O aguia e león decidiron asinar un indefinido tratado de paz, e expulsar ao morcego dos seus territorios, polo que o morcego, foi castigado o resto dos seus días a vivir de noite e refuxiado en húmidas covas e incluso cego.

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora