Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Na politica todo vale e non debera ser

Rubia, Xoan - miércoles, 10 de septiembre de 2025
Estamos a vivir o exemplo claro do que non debera ser a política, unha ciencia cuxos científicos semellan non estar á altura. A cidadanía contempla entre asombro e incredulidade como a cousa pública vaise degradando sen que haxa xeito de enderezar o rumbo, como os intereses que afectan ó pobo quedan postergados diante das comenencias dos partidos que empregan toda a batería de improperios para denigraren ao adversario político convertido en enimigo a bater.

Adaíles nesta encomenda de acoso e derrubo ao goberno van da man o PP e Vox sen Na politica todo vale e non debera ser recato, sen reparar na responsabilidade que, en boa lóxica, deberan asumir cando a extratexia se sustenta en bulos, mentiras e insultos dirixidos sobre todo ao presidente do goberno, peza clave desta persecución na que non existen regras e onde todo vale.

Un pode recoñecer que hai cousas que poden iren mellor na gobernanza do país, pero a ninguén con dous dedos de fronte ocórreselle pensar que o goberno que temos é ilegal. Á dereita ultra e á ultra dereita si. A investidura do presidente ten lugar no Paramento onde os deputados e deputadas en maioria teñen a última palabra á hora de elixilo. O señor Feijoó non rematou de dixerir que a cosa é así nunha democracia parlamentar como a nosa e leva unha lexislatura e parte doutra cunha rabuxa máis propia dun neno caprichoso que dun candidato que aspira gobernar algún día este país.

E parte desa rabuxa pona de evidencia diante dunha catástrofe tan manifesta como foron os incendios que asolaron parte do noso país. Nunha emerxencia coma esta o sensato sería pensar en arrimar o ombreiro colectivamente, sumarse e axudar á resolución do problema, pero non, como a estratexia é poñer cargas de profundidade na liña de flotación do goberno, ala! botémoslle a culpa ao goberno de Pedro Sánchez que non puxo a disposición das Autonomías afectadas (que teñen as absolutas competencias nestes casos) os medios necesarios para paliar o problema. Pedían máis militares cando hai nada non dubidaron poñer a caldo a Zapatero pola creación da UME dicindo que iso era un despilfarro tremendo e unha arroutada dun presidente incompetente. E así unha tras outra. Ver para crer.

Din que o presidente está desmellorado. É evidente, pois poñer a capacidade de resiliencia a pleno rendemento deixa pegada. Con todo o opoñente está máis rufo; sen dúbida ten menos responsabilidades. Para el a máis importante: trasladarse a vivir na Moncloa a calquera custo. E nesas estamos, a velas vir coa incerteza de non saber en que remata todo sito.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES