Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿O materialismo ten a palabra?

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 18 de septiembre de 2025
Os que nos tocou de criarnos con certa estreitura, oímos moitas veces aquelo de que:
"NON HAI POUCO QUE NON BASTE NIN MOITO QUE NON SE GASTE"
Oíamolo nas casas porque a abundancia non era moita; pero compartíase o que había e sempre chegaba.
-Se aparecía unha persoa máis á hora de xantar, botábase unha pataca máis e resolto o problema.
-Se había moitos parentes pola festa do patrón: dormíamos varios nunha mesma cama e todos felices.
-Se aparecía un pobre pola porta a pedir esmola, nunca se despedía coas mans baleiras: exercíase a caridade cristiá.
-Se o pobre pedía casa cuberta, é decir se pedía para dormir, preparábaselle un lugar para pasa-la noite e ó día seguinte, reanudaba o camiño.
-Se algunha nai non tiña leite para darlle o peito ó recén nacido, unha muller parente ou veciña que estaba lactando, ofrecíase e problema resolto.
-Se a unha familia se lle asulagaba a casa pola enchente do río; ofrecíaselle casa ata que o río baixara.
E non era porque houbera moita abundancia, era porque se compartía o que había.
NON HABÍA RIQUEZA MATERIAL
Eran tempos de estreitura económica; pero a caridade cristiana suplía moitas carencias.
Os que daban non quedaban máis pobres; pero sentíanse felices de poder axudar a quen o necesitaba.
Os que recibían sentíanse moi felices porque contaban coa axuda no momento portuno.
As relacións eran estreitas porque o denomidador común era a necesidade.
Daquela a inmensa maioría das familias rexíanse polo sentido común e polos principios cristiáns.
As expresións:
"DEUS LLO PAGUE"
"VAIA CON DEUS"
"DEUS LLE AXUDE"
"SE DEUS QUERE"
"DEUS MEDIANTE"
Estaban á orde do día.
A xente cría en Deus aínda que, blasfemara a miúdo; pero eu penso que para eles as blesfemias sustituían ás interxecións que descoñecían, porque a maioría pisaran pouco a escola.
Hoxe en día tamén blasfeman persoas con estudios.
A min paréceme que, non saben o que din.
Trátase doutro tipo de ignorancia, non menos grave.
¡Qué Deus nos perdoe!
FORON TEMPOS DIFÍCILES
Pero fundábanse familias co pouco que había.
Os máis afortunados eran os que se quedaban na casa que continuaban o ritmo habitual; pero a persoa que viña de fóra tiña que convivir con familias moi numerosas: sogros, tíos, cuñados...
Coñecín un caso con catorce cuñados nunha casa.
A vida íntima do matrimonio, víase moi limitada.
Os que casaban para outra casa, aínda o tiñan moito peor: adaptarse, traballar, ver e calar.
Moitos foron os que tiveron que emigrar para Europa ou América.
Traballaban noite e día para sobrevivir.
Algúns viron realizado o soño de volver a terra natal porque a morriña era moita.
Ouros tiveron que adaptarse e integrarse no novo país.
Cando a necesidade é moita…faise o que sexa.
HOXE EN DÍA
Os que viviron aquelas experiencias din:
"¡QUE NON VOLVAN AQUELES TEMPOS!"
Aqueles tempos non volven, xa pertenecen á historia; pero:
¿TÉÑENO DOADO OS DE HOXE EN DÍA?
¡Deso nada!
Seguimos vivindo para traballar en vez de TRABALLAR PARA VIVIR.
Certo que temos máis cartos, pero tamén gastamos moito máis.
Volvémonos materialistas e consumistas.
O MATERIALISMO ABSÓRBENOS
Algúns que nadan na abundancia, consumen e consumen e aínda viven insatisfeitos.
Certo que precisamos: "o noso pan de cada día".
Pero tamén é ben certo que: "non só de pan vive o home".
Outros queren emanciparse e non poden por carecer do imprescindible.
Algúns intentaron borrar do mapa a palabra caridade cristiá.
Pero a xustiza social tarda en implantarse e segue habendo moitos pobres entre nós.
O estado fai o que pode; pero a Igrexa Católica, tamén.
As colas de Cáritas así o demostran.
Pobres hóuboos toda a vida e parece ser que aínda quedan moitos.
Mentres a xustiza non se implante definitivamente, cómpre que Cáritas siga existindo.
"CÁRITAS SEGUE EXISTINDO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES