Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Necesitámonos

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 11 de septiembre de 2025
Necesitámonos para compartir vida e vivencias.
A estas alturas do mes de setembro, as vacacións xa quedaron atrás para moitas persoas.
A costa de setembro xa se fixo presente para moitas familias, sobre todo para as que teñen xente nova en idade escolar.
As vacacións son moi caras; pero podelas disfrutar no verán xa é un privilexio do que moitas persoas non poden gozar.
O profesorado xa empezou a traballar o día un de setembro para ter todo a punto cando empece o alumnado.
Moitos profesores tiveron un mes de vacacións porque o outro tiveron oposicións ou traballo de dirección e organización do novo curso.
Os estudiantes xa estrean material e ganas de empezar un novo curso, coñecer a novos profesores, novos compañeiros, novas asignaturas...
Moitas novidades e moito que aprender; pero os primeiros días ocupan un lugar importante as experiencias veraniegas.
NECESITAMOS EXPERIENCIAS VERANIEGAS
Non tódolos estudiantes poden disfrutar dunhas vacacións que favorezan a súa formación.
Moitas criaturas teñen a oportunidade de pasar tempo coa familia, tanto se é no propio fogar como visitando a outros parentes.
Quizais haxa quen os deixe ir por libre aproveitando que non teñen clase.
Esas familias non se dan conta de que nas vacacións continúa a formación convivindo coa familia e con outras persoas.
A infancia necesita descansar das actividades escolares; pero debe continuar a súa formación como membro da familia e da comunidade.
Quizais haxa familias que estean traballando e non poidan dedicarlles tempo.
¡Unha mágoa!
PERO TAMÉN HAI FAMILIAS QUE APROVEITAN ESTE TEMPO PARA EDUCAR COMPARTINDO VIVENCIAS FAMILIARES.
Compartindo vida de familia, as criaturas seguen aprendendo sen cansarse porque cambian de actividades e disfrutan do cariño dos seus.
UNHA SIMBIOSE INTERXERACIONAL MOI BOA.
Algunhas familias son moi responsables á hora de educar en valores e corrixen con tenrura tantas veces como faga falta explicando a realidade da vida.
E non só usan a palabra:
O exemplo é a mellor lección.
Estando de vacacións, as criaturas axudan en todo o que fan os adultos e séntense integrados nas raíces familiares.
A min chámame moito a atención como certas criaturas: APRENDEN, FACENDO e, o mesmo tempo, son moi felices.
PRACTICANDO É COMO MELLOR SE APRENDE.
As criaturas non só aprenden as tarefas do fogar, do campo, da vida nos pobos...
Tamén:
-Favorecen a convivencia interxeracional, incluso con amigos e veciños, integrándose deste xeito na vida comunitaria.
-Aprenden costumes e tradicións dos seus ancestros.
-Fixan e fortalecen ás súas raíces.
-Non botan en falta outros artiluxios porque disfrutan do cariño das persoas que máis queren.
SON MOITAS AS VENTAXAS.
Estas criauras volverán ó colexio contando experiencias de vida familiar, da vida de pobo, da vida rural, da vida real: a mellor lección.
Ó meu entender, a convivencia coa familia é un piar MÁIS IMPORTANTE QUE NUNCA nos tempos que vivimos.
Fortalécense os lazos familiares.
PREPARANDO UN FUTURO...
Noutros tempos educaba a familia, a escola e a Igrexa Católica.
Hoxe en día:
-A FAMILIA perdeu atoridade e, por outra banda, ten pouco tempo porque o traballo absorbe a vida de moitas persoas.
A veces non queda outro remedio porque a vida está moi cara.
-A ESCOLA, desafortunadamente, tamén perdeu autoridade e eso leva consigo unha perda moi grande á hora de educar.
Motos profesionais do ensino vense frustrados porque non poden levar a cabo a súa vocación educadora.
As familias de hoxe en día...
¡Qué magoa tan grande!
Eses proxenitores non se decatan das súas carencias.
Se os proxenitores colaboraran máis coa escola, moito melloraría a educación, todos seríamos máis felices.
-A IGREXA tivo moito peso na educación de xeracións anteriores; hoxe en día tamén; pero menos porque está de moda: "ir por libre".
Os que fomos educados nos seus principios, estamos agradecidos.
HOXE EN DÍA
-TEÑEN MOITO PESO AS REDES SOCIAIS nas que circula de todo e boa parte da poboación déixase levar sen saber a onde...
-A INFANCIA CRIÁSE EN MANS ALLEAS porque a familia séntese desbordada pola vida laboral.
-A IGREXA NO PODE FACER O QUE FACÍA porque hai quen, voluntariamente, a ignora ou rexeita a súa valiosa axuda.
"¿O MATERIALISMO TEN A PALABRA?"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES