Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

1925-2025: Cen anos da Biblia do Mal

Pinto Antón, J.A. - viernes, 29 de agosto de 2025
Mein Kampf. A miña loita. Adolf Hitler. 12 millóns de exemplares vendidos. Agasallo de vodas na orxía nazi, queimado logo con présas. Coñecemos ben título e autor dun libro que rezuma toxicidade. O mal descarnado que nunca debeu ser, foi e ameaza con volver. É dicir, sacralización do Estado, divinización do líder, trituración do individuo peza do xigantesco engranaxe. E un credo, o nazismo coa carga de racismo e cheiro a carne queimada sen que ninguén quixera enterarse. Sempre é máis cómodo vivir cos ollos pechados.
O libro, nunca prohibido, foi éxito de ventas que non de lectura, co ascenso do nazismo. Sen enfoque crítico é lectura perigosa, din os historiadores. Porque o ditador xamais ocultou o antisemitismo, os ardores bélicos e expansionistas. Un século despois convén non esquecer esta historia do mal, este libro con pouco valor literario e moita carga simbólica, recordatorio das atrocidades nazis.
Desde a publicación un 18 de xullo de 1925, pasarán oito anos para a chegada de Hitler á Cancillería. En 1933 acéndese a máquina totalitaria, cosmovisión dun bergante diante dunha misión divina: o Reicht dos Mil Anos. Nesa ara sacrificáronse 60 millóns de seres humanos na carnicería mundial e 6 millóns de xudeus nos fornos do Holocausto. A estremecedora “La casa herida” de Horst Kruger colócanos diante do espello: ¿cómo actuaríamos en iguais circunstancias?. Alemaña: tanta xente culta pero chea de resentimento pola humillación da 1ª Guerra Mundial e pola crise do 29. Sen o seu silencio e pasividade o nazismo non tería chegado tan lonxe. É o que pensaba Hannah Arendt cando en 1961 asistiu ao xuízo contra o nazi A. Eichmann. O ‘monstro ao servizo dun réxime criminal’ era para a filósofa un ser humano normal. O mal pode ser obra de xente corrente que se deixa arrastar pola ideoloxía dominante. G. Orwell preguntaba: ¿Onde está a xente boa cando pasan cousas malas? Co noso silencio multiplicamos o mal. A maioría dos alemáns nunca foi nazi, pero sen eles os nazis non terían perpetrada a súa infamia. Pasividade cómplice diante da ideoloxía do Mein Kampf. O apoliticismo, antes e agora, alimenta a besta parda cando o horror disfrázase do cotiá e non é quen de ulir a carne humana queimada.
Despois dos xuízos de Auschwitz, conta H. Kruger, homiños grises capaces de cometer actos da maior crueldade, retornaban ás súas vidas de bos, anónimos cidadáns. Esquecidos daquela ideoloxía tóxica que prometía o ceo e creou o inferno. H. Arendt resumíu a barbarie en tres palabras: banalidade do mal.
Comunistas, xitanos, sindicalistas, discapacitados, socialdemócratas e xudeus no poema do pastor Martín Niemöller e nos campos de exterminio. Todo o que agachan as indixestas páxinas da historia e da Biblia do Mal.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES