Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 05 de septiembre de 2025
Realizando rarezas

Subo escaleira. Baixo escaleiras. Levo varios días subindo e baixando, baixando e subindo escaleiras. Tantos días que xa perdín a conta deles. Como perdín a conta dos chanzos. Empecei a contalos pero, ó segundo día, xa cansei.
Sempre tiven a ilusión e sempre fun propenso a realizar cousas raras. Desde correr sen parar ata case rebentar. Desde contar as flores dos toxos dunha parcela de cinco hectáreas ata ler un libro coas páxinas todas en branco. Contar escaleiras, a verdade é que non estaba no meu proceder, pero como tiven que subir obrigatoriamente ata un certo andar dun edificio concreto, cando ía pola metade, díxenme de realizar a rareza. E niso sigo, subindo e baixando, baixando e subindo escaleiras.
Os veciños dese edificio, cando se decataron da arroutada, do asunto, agora xa saen dos seus pisos e, a maiores de animarme, de alentarme, ofrécenme bocadillos e bebidas. Algúns mesmo soben e baixan, baixan e soben comigo durante un tempo para darme conversa e, así, se me faga máis amena a miña rareza.
Hai rarezas estúpidas, pero tamén as hai simpáticas. A miña é pándega; non molesto a ninguén e fago amigos aínda que só sexan pasaxeiros, é dicir, de subir e baixar, de baixar e subir tan só. Tamén lembro outra rareza graciosa: a do día que descubrín a unha morea de marcianos camuflados de astronautas.
Como non me quero falar coma quen baila sen son, vou seguir subindo e baixando, baixando e subindo escaleira ata que rebente.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES