Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 26 de agosto de 2025
Polo camiño do medio

Metinme polo camiño que non era. Dixéronme que collese polo da dereita. Como son torto, non lles fixen caso. Pero tampouco collín polo do esquerda. Andei xa uns bos metros polo do medio, polo do centro. Fíxeno así por se a alguén se lle ía a cabeza cara á política. Non son político nin me gusta a política. Aínda que, eu, si teño a miña propia política, que non confeso porque non me chegaría a relato.
Ó que ía. Que xa levo un bo cacho polo camiño do medio (mellor dicir medio que non centro, precisamente por iso das ramas políticas, das ideas políticas) e non me atopo con ninguén. Como se só existise eu. Si, de cando en vez, unha rula que sae dalgunha silveira e emprende o voo, ou algún que outro lagarto ó sol, ou unha serpe fuxindo dos meus pasos; pero nada máis. Silencio. Baleiro. A nada.
Empezo a pensar se a miña teimosía de ser torto non procede xa a estas alturas. A estas alturas da miña idade, digo. Que se o asunto o collín para non meter a política por medio, que me importa que a xente pense ou diga, ou deixe de pensar ou de dicir sobre as miñas preferencias ou prioridades políticas. Repito: teño a miña propia política.
En principio, esta, agora mesmo, consiste en seguir polo camiño do medio, aínda que sexa en silencio, mesmo que sexa sentindo o baleiro e aínda que sexa andando pola nada. Botarei toda a tarde por ese camiño e, incluso en soidade, serei feliz coa miña opción, coa miña propia política.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES