Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - lunes, 25 de agosto de 2025
O obxectivo

Localicei o obxectivo. Estaba máis alá das estrelas. Era unha nave espacial que tiña forma de canguro. Seguro que a tripulación era das antípodas ou de por alá. A min dábame igual. Tiña a misión, a encarga de destruír todo o que se movese máis alá dos astros.
Armei os aparellos e puxen o reloxo para iniciar a conta atrás. Xusto cando marcaba o oitavo segundo dos dez programados, vin saír da nave canguro a un cativo de pouco máis alá de cinco anos. Pingas de Orballo Que pintaba un neno nesas inmensidades galácticas; tanto de tempo coma de espazo? A solución era sinxela: unha tripulante tivera relacións sexuais con outro tripulante e empreñara. Así de fácil. E parira. Así de simple.
Foi a partir dese momento cando me entraron as dúbidas de cumprir ou non cumprir as ordes, a encomenda, o recado. Un adulto é un adulto, pero é que un neno é máis que un neno, que, neste caso, sería a pura inocencia galáctica ou cósmica.
Sabía que se non cumpría o mandado, eu mesmo, desde aquel momento, pasaba de cazador a presa. Non pola tripulación, entendo que australiana, senón polos propios mandos, polos meus propios colegas, camaradas, compañeiros. A partir de aí eu era o obxectivo. A partir de aí era eu o que tiña que perderme polas galaxias descoñecidas e por máis alá do infinito.
Encomendeime a Deus e ata ó diaño e iniciei unha fuga cósmica cun final incerto. Ora que, mentres non chegue tal final... a vivir que son dous días! Aínda que, por estes lares, o tempo é o de menos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES