Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Situar as responsabilidades: Barullos Bélicos (3)

Rubal, Pedro - viernes, 29 de agosto de 2025
E traio a esta parte a seguinte pregunta: ¿Cómo é posible influír desde a reacción individual sobre o monstro da masa, do colectivo?. Consulto isto con Hans Jonas, que recorre ao que xa dicía Hobbes, que o Leviatán, o colectivo organizado, era unha innegable realidade. Este Leviatán está constituido por todos nosoutros, e cadaquén desprega a súas accións en formas institucionais. Pero somos membros do colectivo e por isto non é o individuo o que alcanza unha influenza enorme no Leviatán, e tampouco se poden atender as esixencias de cada individuo, senón só non permitir que a humanidade chegue a unha situación de bote salvavidas, que naufrague por exceso de atencións aos individuos.
Tamén se adoita argumentar, por unha parte, que os científicos non son responsables polo que outros fan con resultados das súas investigacións; pero isto non parece aceptable, porque a investigación non é puramente intelectual, senón que, en gran medida, trátase de accións, e, se se investiga nas estruturas atómicas ou subatómicas e xenéticas, delicados sectores da realidade, faise mediante accións. E á estas actitudes son levados os investigadores mercé os impresionantes avances no campo da tecnociencia e a ilusión de coñecer espectaculares resultados, incluso sen valorar as esixencias contextuais: Nin Aristótéles, nin Copérnico, nin Kepler manipulaban a natureza, non só porque non estaban situados no nivel de coñecemento actual, senón tamén porque partían doutros presupostos, máis ou menos ideolóxicos, pero aceptables na súa época.
Ademais, non se debe restar importancia a unha certa incontinencia que xera o investigar, incontrolable. Pensemos nas numerosas recombinacións do ADN e do difícil que é conter o desexo de coñecer o resultado dalgunhas posibilidades coas que se encontra o investigador, xustamente pola forza de atracción que acompaña o feito de poder convertelas en realizacións: “Vamos a ver que sae aquí” – se dirá . E cando, por exemplo, se clona unha persoa incluso se lle priva de ir coñecéndose a si mesma ao través dos anos, posto que xa se lle presenta o que vai a ser, a onde a leva esa “posibilidade” de “programala”; e, por si a investigación fora nuclear, ver como se podería evitar a hostilidade a ciencia en certos casos, como o da bomba nuclear, levándoa a unha compatibilidade a mesma cun emprego positivo para a humanidade.
Aquí cabe reflexionar ata que punto sería necesario decidir antes o camiño a seguir na investigación, sobre todo cando o científico conta con elementos de xuízo suficientes que lle permitan dubidar da posibilidade da eficacia dun suficiente control nos resultados nas súas investigacións.Talvez Oppenheimer hoxe estaría de acordo en iso, despois do desgusto que lle proporcionou a obra da súa vida, que o levou á “descodificación” da realidade natural hasta as esferas nucleares subatómicas. ¿Sentiu o impacto da súa responsabilidade?. Parece que si, e este caso ven a ser unha proba de que tamén a responsabilidade propia aniña no mesmo investigador, con suficiente sensibilidade ética.
Desde Bacon contamos coa afirmación de que “saber é poder”, e o verdadeiramente preocupante é que este poder exércese, por cuxa razón hai que pensar se se debe exercer e ata onde, o que xa corresponde decidir a outro nivel de consideracións, renunciando, ou non, en conciencia á posibilidade de exercicio do mesmo. Pero no ámbito de todo isto, tamén hai que determinar o alcance dos controles, se se poden facer, de tal maneira que a mesma intelixencia aplicada á ciencia determine que poder é correcto exercelo, e cal non. E todo este galimatías preséntasenos, porque a ciencia, sobre todo na mans dos científicos entregados á investigación, non se entendería sen abranguer os contidos na profundidade da realidade.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES