Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Noite que vivín un Premio Planeta (I)

lunes, 14 de septiembre de 2009
Cando se achega o mes de outubro, cando un novo San Froilán está a piques de inundar as nosas vidas coas ledicia, eu recordo case chorando aquela noite que ía cambiar a miña vida para sempre. As sete da tarde na cidade condal, por un intre o meu pensamento atópase co medo do naufraxio, cunha marea de pánico. E se gaño? Pois teño a mesma oportunidade que os outros nove! Mágoa que non fose así, verdade?

Hai xa varios sanfreiláns, que diría Pelúdez, mais a miña xente, vós, seguides a preguntar que se sinte. Non é doado atopar unha resposta, síntese unha mestura de sensacións, unha morea de ledicia e incredulidade que percorre o teu sangue á velocidade do lóstrego. Tiña moi claro que cada minuto, cada segundo daquela noite, merecía o seu peso en ouro, non deixaría pasar un so deses segundos sen arquivalo no meu corazón. E así o fixen.

As nove da noite, Palau de Congresos de Catalunya, e non nos chamaron para as dez? Chamaron, mais isto non se vive dúas veces, un coñecido xa nos controis de seguridade! Joan Gaspart cun escudo do Barça máis grande que a solapa da súa chaqueta, pois imos ben! Se eu son branco coma o leite.
- Su nombre, por favor? Lo siento, señor, no lo encuentro en mi lista, espere un momento.

Deus! Non sería unha broma dalgún xornalista, non pode ser, non...
- Yo sí lo encuentro, pero si es usted uno de los finalistas, mesa número 63, muchísima suerte.

A fría suor aínda percorría a miña fronte cando as cámaras dos reporteiros xa disparaban sen descanso, quén virá por aí? Vaia, se era por min, por se gañaba, mágoa de fotografías! Non se pode entrar no grande salón, a Garda Real está a revisala por derradeira vez. Máis coñecidos, as deusas e deuses da literatura, os que nos fan soñar coas súas historias, cos seus personaxes, Fernando Delgado, Soledad Puértolas, Rosa Regàs, Bryce Echenique, a belísima Carmen Posadas. Algúns deles están no xurado, algúns deles poden dar un golpe de timón a miña vida, algúns deles teñen a súa novela entre aquelas cincuenta e catro das vidreiras. Mira, por alí ben alguén de Lugo, ollo que sodes dous lucenses! Se a noite xa era especial, sempre che agarda algunha sorpresiña máis.

Sesenta e tres, un bo número, a ver se nos trae sorte. E trouxo, naquela mesa asinei os primeiros autógrafos da miña vida, os meus anfitrións querían esa sinatura aínda que fose nas súas invitacións, por se fose eu... Agardo que a conserven. Logo viñeron moitas, aínda seguen a vir, máis aquelas foron as primeiras da miña vida.
Núñez, Pablo
Núñez, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES