Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - domingo, 24 de agosto de 2025
A traxedia do gran canal

A ONU declara, oficialmente, a gran fame en Gaza. A ONU é unha carallada! Como unha pándega, unha rexouba é a Comunidade Europea. Como unha chafallada son os países occidentais. Todos eles, absolutamente todos, saben e ven o que estar a acontecer en Gaza. E, si, moita palabra, moitas opinións, moitos desexos, moitas condenas, moitas protestas, pero á hora da verdade todos se quedan de brazos cruzados. Ninguén fai nada xa por evitar ese xenocidio, esa eliminación ou exterminación sistemática que un país, amparado polo todopoderoso Estados Unidos, está a cometer contra outro escudándose nun grupo terrorista. Cada vez dan máis ganas de pasarse "ó lado contrario", ou como dirían na guerra das galaxias, "ó lado escuro", é dicir, a Rusia e a China.
Pingas de Orballo Falando de China; tal día coma hoxe de hai 94 anos, o 25 de agosto de 1931, no este de China, a auga do Gran Canal arrastrou durante a noite varios diques preto do lago Gaoyou. Afogáronse unhas 200.000 persoas que se atopaban neses momentos durmindo e que tal cantidade de vítimas subiría a entre dous e cinco millóns por culpa das enfermidades como o cólera, a disentería e o tifo.
As inusuais chuvias monzónicas e o desbordamento simultáneo dos ríos Yangtsé, Huái e Amarelo desencadearon a ruptura de varios diques do Gran Canal, a histórica vía navegable que desde hai séculos articula a comunicación entre o norte e o sur do país.
O Gran Canal, orgullo da enxeñería hidráulica china, resistira durante case mil anos a furia das augas. Pero no xullo e agosto daquel ano as precipitacións superaron calquera rexistro previo. Os diques de contención, construídos con materiais tradicionais e mantidos con escasos recursos nunha China sumida na inestabilidade política, comezaron a ceder un tras outro.
Cando a auga rompeu as defensas de Shandong e Jiangsu, enormes masas de bulleiro e correntes violentas arrasaron aldeas enteiras. O canal, que debía servir como vía de transporte e prosperidade, transformouse nun leito descontrolado que acelerou a inundación das chairas centrais. Hectáreas de arroceiras quedaron sepultadas baixo a auga e millóns de campesiños foron desprazados.
Hoxe, a case un século de distancia, esa traxedia recórdase non só como unha lección da forza incontida da natureza, senón tamén como unha chamada á previsión e á necesidade de investir en infraestruturas seguras.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES