Desengañados da Política
Editorial - lunes, 14 de septiembre de 2009
Hai que estar moi curtidos para participar en política, impasibles diante dos acontecementos cotiáns, sufrindo os ataques dos contrincantes e dos compañeiros.
O traballo dun político, ademais dos labores propios de cada quen, dos cometidos que o partido lle adxudique ou da súa vontade e iniciativa, comprende dixerir a diario os avatares da actualidade en forma de noticias ou comentarios nos medios informativos, opinións sobre o seu traballo ou sobre os acontecementos xerais, e moitos non dan asumido este difícil papel.
Dous ex ministros socialistas comunicaron a pasada semana a súa decisión de abandonar a política, suponse que desencantados co ambiente ou cos comportamentos hacia eles. Un, Jordi Sevilla, pasa ó sector privado. O outro, Cesar Antonio Molina, precisamente hoxe volve ó seu posto na Universidade.
Deixan cadanseu escano no Parlamento, despois de ter deixado os seus ministerios e, nun dos casos, criticado abertamente a política do actual goberno.
Duro traballo o dos políticos, profesionais ou afeccionados, que acceden a un mundo difícil onde a supervivencia se rexe por leis non menos agresivas ca as da selva, e onde só os máis dotados para a loita poden pervivir.
Nestes dous casos, como antes Garzón, como hai pouco Touriño e Quintana, como moitos outros exemplos que arredor de nós se van producindo no decurso do tempo, os máis sensibles, os menos dotados para a loita, van quedando no camiño como xoguetes rotos dun tempo duro no que o de vencer ou morrer é moito máis ca unha metáfora.
Pero por cada un que abandona hai centos agardando por entrar e subir.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora