Esquema sobre Cristo (y 4)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 11 de septiembre de 2025
Por último, unha reflexión: Se é certo que Deus mandou a Cristo á terra para morrer por todos nós, tanto Deus como Cristo precisaban dun traidor e dun executor da sentencia, Xudas e Pilatos, entón ambos personaxes, tiveron que cumprir cun mandato divino, un como traidor e o outro como executor, polo tanto, cumpriron co mandato de Deus e de Cristo, e a igrexa católica debería beatificalos e non dalos como auténticos fillos de mala nai, como ata o de agora os viñeron cualificando. Como vos dixen anteriormente, os discípulos de Cristo non sabían ler nin escribir, iso só era cousa de algúns e non de tódalas persoas adiñeirado, como tamén dixen, Cristo si sabía escribir, pero era de familia ben, descendente do Rei David e de Salomón (fillo de David), considerado este, o rei máis rico de tódolos tempos. Moitos reis e xentes poderosas non sabían ler nin escribir e de aí naceron os "escribáns", que eran os que se encargaban de escribir os textos que os grandes e poderosos lles narraban.
Segundo National Geographic, Cristo formouse en Inglaterra. Chegou a ese país levado polo seu parente Xosé de Arimatea que era comerciante de cobre e outros metais. Cristo foi alumno de Druídas (sacerdotes celtas), que lle ensinaron distintas formas de curar ás persoas, como os vellos curandeiros e curandeiras de Galicia.
De retorno á súa terra, cada vez que había un problema de saúde, alí estaba Cristo practicando os seus moitos coñecementos e habilidades terapéuticas. Como a xente deses países descoñecía esas formas de curar, chamábanlles MILAGRES e de feito, na nosa cultura cristiá lles seguimos chamando así e dicimos curouse de milagre ou non morreu de milagre. Dicir que as famosas expulsións do DEMO dos corpos de pacientes que El trataba, non había tal expulsión do Demo, xa que o Demo non existe, pero eles cando non coñecían o tipo de enfermidade que tiña un paciente, dicían ten o demo no corpo, frase que aínda hoxe nós utilizamos cando falamos dun neno moi inquedo ou traveso.
Cando se nos fala de resucitar mortos, iso non é certo, pois El mesmo asegura cando Xairo lle pide que resucite á súa filla morta, Cristo di non está morta, está durmida (Mateu 9:18) e (Marcos 5:21 43 21). E efectivamente, a rapaza tiña catalepsia e en pouco tempo volveu en si.
O cristianismo ou igrexa católica, foi fundada trescentos anos despois da morte de Cristo, entre os séculos III e IV, e foi fundada polos romanos: Pablo de Tarso, Constantino I (O Grande), Eusebio de Cesarea e Lactancio, pero estes baseáronse en textos exipcios e non no que dixo Cristo, ou sexa, sabe Deus cales foron as auténticas frases ou palabras que dixo Cristo.
E por último, dicir, que o Papa Francisco nun acto público, díxolle aos seus fieis: En mi bolsillo siempre llevo dos cosas, sacou unha e era o Rosario, e dixo el Santo Rosario que lo rezo todas las noches. Volveu a meter a man no peto e sacou un libro pequeno e dixo, y esto, que es la HISTORIA DEL GRAN ERROR DE DIOS, es el Vía Crucis. E repetiu la HISTORIA DEL GRAN ERROR DE DIOS.
Quixo dicir, que a morte de Cristo foi totalmente inútil e que non serviu para nada.
A vida de Cristo foi copiada textualmente dos textos dos exipcios Osiris e Isis. Segundo a historia exipcia, Osiris foi un deus exipcio ao que tamén o mataron e despois resucitou. Isis era a súa esposa. Osiris foi substituído por Cristo no cristianismo e Isis, foi substituída por María Magdalena.
Por qué os Xudeus non aceptaban a Cristo como Rei?
Veremos, os xudeus no aceptaban a Cristo como Rei, porque os xudeus eran grandes coñecedores das sagradas escrituras. A Torá (en hebreo), ben a ser a nosa biblia. Os xudeus non fan como os cristiáns, pois os cristiáns son contados cos dedos da man os que coñecen a biblia, pero os xudeus é o que utilizan para rezar e comunicarse con Deus.
Por iso, os xudeus non aceptaban a Cristo como Rei nin se sumaron á súa causa de revolución ou rebelión en contra dos romanos que preferían estar baixo o xugo romano antes que volver a ser mandados por un descendente do Rei David. Pero por que?. Pois porque o Rei David igual que o seu fillo, o Rei Salomón cometeron un pecado que para pos xudeus era un dos máis graves pecados que existen ante a lei de Deus. O pecado foi que o Rei David tivo un fillo fóra do seu matrimonio e cunha muller casada. A lei dos xudeus era que toda muller adúltera sería apaleada ata a morte. A muller quixo xacer co seu marido para facerlle crer que o fillo era del, pero resulta que o marido era o capitán xeneral do exército do Rei David e non aceptou ter sexo coa súa muller porque daquela pensaban que tendo sexo antes dunha batalla, perdían as forzas, entón o Rei David para librar á aquela muller, mandoulle ao marido á peor das batallas sabendo que nela morrería e así aconteceu. Así que o neno naceu sendo súa nai viúva e pensouse que ese fillo era do xeneral morto en batalla, polo tanto, librouse da lapidación.
Salomón, fillo do Rei David, tamén tivo un fillo fóra do matrimonio, ese fillo tivo coa famosa Raíña de Saba, namorada perdidamente de Salomón que ao ser ela a propietaria das famosas minas de ouro de Saba, regaloulle tanto ouro a Salomón que se converteu no rei máis rico de tódolos tempos. Acto seguido, crese que abandonou á Raíña de Saba, nai do seu fillo e tamén abandonou ao fillo. Coméntase que tivo ata 1.000 mulleres.
De aí ben, que o pobo xudeu non apoiara a revolución que Cristo propoñía.
Tampouco é moi crible que Cristo quixera fundar unha nova igrexa como se nos di, pero a súa esposa María Magdalena en tal caso, sería a xefa desa nova igrexa.
EXPLÍCOME: Sempre se pensou que o nome de María Magdalena procedía de que esta muller era natural da cidade de MAGADALA, pero agora os investigadores, saben que non é certo, porque a cidade de Magdala aínda non existía na época de Cristo, é posterior, pero si se sabe, que o nome de MAGDALENA ben da palabra hebrea MIGDAL, que en hebreo significa COLUMNA, porque María Magdalena, era a COLUMNA VERTEBRAL de Cristo. Era o seu máximo apoio e de feito, pódese asegurar que nos manuscritos bíblicos pon que "Cristo bicaba a María Magdalena nos labios".
Tamén podemos engadir a mala tradución dos textos bíblicos, pois pasaron do arameo ao hebreo do hebreo ao grego e do grego ao latín. De aí que se saiba con total certeza, de que a palabra grega TECKON, que foi traducida ao latín como "CARPENTARIUS" (CARPINTEIRO), agora sabemos que foi mal traducida e nos di que non era carpinteiro se non INXEÑEIRO. Vai por Xosé o pai putativo de Cristo e por Cristo como "fillo do carpinteiro".

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)