Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Esquema sobre Cristo (3)

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 04 de septiembre de 2025
Seguindo cos detalles que me chocan, é que cando Cristo foi levado ante Pilatos e no palacio deste gobernador, se os discípulos de Cristo escaparon e se agocharon como ratas, quen dos discípulos de Cristo estaba presente no interrogatorio ou quen foi o que dixo o que se falou ante Pilatos para publicalo na biblia?. Se ante Pilatos só estaba Cristo, os soldados que o escoltaban e algún acompañante do gobernador, quen foi a testemuña que comentou o que pasou dentro?. Pois como non puido haber ninguén, foi inventado. Logo despois pasou o mesmo cando o levaron ante Caifás e Herodes.
Resulta que Pilatos non quería matalo, de aí que se lava as mans, pero os veciños de Cristo si que lle berran a Pilatos que o matara. O gobernador dáballes a escoller aos xudeus, entre Cristo e Barrabás. Outra parvada mais. Resulta que Barrabás era un chamado delincuente, pero non era tal delincuente, Barrabás estaba tratando de formar un exército para expulsar aos romanos de Israel, de aí que os xudeus pediron a liberdade de Barrabás e a morte de Cristo. Dito de outro xeito, os xudeus querían a liberdade de Barrabás que era un insurrecto en contra dos romanos e era o seu salvador, mentres que Cristo o que quería era proclamarse rei de Israel e non o aceptaban como tal.
Cristo foi humillado e azoutado, así se nos dixo, no interior do palacio de Pilatos, se os apóstolos que escribiron os Evanxeos non estaban presentes, como souberon iso?. Pois resulta que os romanos non deixaron en ningún momento que se acercaran a El, só lle obrigaron ao Cirineo a axudarlle a levar a Cruz, segundo o apóstolo San Mateo, 27, 32; 16, 24. Volvo a preguntar, se os discípulos fuxiron, como o souberon?.
Unha vez chegados ao Gólgota, máis coñecido como monte Calvario, sácanlle a túnica e repártese en cachos entre catro romanos, quen pode crer iso?. Unha túnica que e de supoñer que estaba sen lavar e feita farrapos, íana repartir entre catro, a que lles chegaba?. E cando digo que a túnica estaba sen lavar, hai que lembrar que os romanos eran moi limpos.
Unha vez crucificado, son testemuñas da súa agonía, súa nai María, María Magdalena que non o abandonou en ningún momento que puido estar con El, e o discípulo Xoán. Colgado da cruz di unha serie de frases que si puido recoller ese discípulo, pero eu fágome outra pregunta, se a tódolos crucificados os romanos lles acababan rompendo as pernas para acelerar a súa morte, por que a Cristo non llas romperon?. Outra pregunta, vaia memoria debían ter os discípulos para acordarse de todo canto El dixo, pois resulta que ningún dos discípulos sabía ler e escribir, daquela era todo un luxo.
Pero hai outro detalle, resulta que estando na agonía di “teño sede”, e resulta que un romano dálle de beber cunha vara e na punta unha esponxa colocada. Dise que cheiraba a vinagre, pero non era vinagre, que era?, parece ser que era “láudano”. Pois mira que ben, resulta que o “láudano” é unha poción inventada por alquimistas que é equivalente á “morfina”, ou sexa, déronlle o láudano para sacarlle o sufrimento e a dor, que a ningún outro crucificado lle deron.
Xosé de Arimatea era parente de Cristo e foi o que lle pediu a Pilatos que lle deixara enterralo o venres, pois o sábado era o día sagrado para os xudeus e non se podía nin mover un dedo por ser día santo. Petición concedida, é enterrado nun nicho do propio Xosé de Arimatea. O nicho foi custodiado por un grupo de gardas romanos.
Dise que resucita, pero cando Pilatos interroga aos gardas que o custodiaban, os gardas contradícense, por exemplo din que o corpo o roubaron os discípulos mentres eles durmían. Esta desculpa é imposible, un garda militar nunca e baixo ningún concepto pode durmirse, pois podía caerlles a pena de morte.
A resposta é moi fácil de entender. Déronlle láudano para durmilo e sacarlle a dor. María Magdalena era a súa esposa, pero economicamente estaba moi ben, polo tanto, deulles unha boa propina aos gardas para poder sacar o cadáver do nicho e levalo para un lugar oculto e velalo en familia. Cando se nos di que a primeira en ver a Cristo resucitado é María Magdalena, hai un detalle que da que cavilar e pregunto, como pode ser que María Magdalena ao velo non o recoñecera?. Pois así nos di o Novo Testamento, que María Magdalena confúndeo co xardineiro e asústase e Cristo dille, “non teñas medo, son Eu”, pero ela non o recoñece ata que lle amosa as mans e ve as feridas, as feridas ou outra cousa?. Imaxinádevos que rostro tería despois de tantos paus que levou. Logo de identificarse, María Magdalena quer abrazalo, pero El non lle deixa, por que non lle deixa?. Pero como non o recoñeceu en tan só unhas horas que acababa de enterralo?.
A pesar de que se di que Lonxinos lle chantou unha lanza para asegurarse de que estaba morto. Agora a pregunta é, quen o substituíu para facer crer que resucitou, ou ben, non morreu e foi curado en pouco tempo, porque iso de resucitado non o creo eu. Si, xa sei, é cuestión de fe, unha fe que eu non teño.
Para rematar, outra pregunta, en todo este espazo de texto, hai unha serie de nomes que vos vou, uns a recordar e outros a engadir: Faleivos de Malco, o que lle cortou a orella San Pedro. Faleivos de O Cirineo, o que lle axudou a levar a Cruz. Faleivos de Lonxinos de Cesarea, o que lle chantou a lanza estando na cruz. Pero non vos falei de Dimas (o bo ladrón), e Xestas (o mal ladrón), os que crucificaron ao seu lado. A pregunta é, se os discípulos fuxiron e non estaban presentes na crucifixión, como se souberon os nomes de todos estes?. Todo isto dígoo porque supostamente, os discípulos foron os que narraron o novo testamento da biblia e contaron a súa palabra. Repito, como?, se non sabían ler e escribir.
Pero mirade o que di o prestixioso teólogo Ariel Álvarez Valdez que fai un recorrido por algunhas pistas que dan as Sagradas Escrituras para chegar a esta conclusión, diferente ao que acepta a tradición.
“Los Evangelios afirman que Jesús fue crucificado junto a otros dos hombres. Pero no dicen quiénes eran. Marcos y Mateo dicen que eran “bandidos” (en griego: lestés). Lucas los llama “malhechores” (kakúrgos). Y Juan solo habla de “otros dos”, sin más explicaciones. (Hai que ter en conta, que cando Cristo foi feito prisioneiro os apóstolos fuxiron aterrorizados, polo tanto estes apóstolos arriba mencionados: Marcos, Mateu e Lucas, non estaban presentes cando o crucificaron, pero si estivo Xoán o que afirma que eran “outros dous”, e non se puido saber como se chamaron, polo tanto, os nomes despois tiveron que ser inventados).
Pero no parece ser eso lo que se deduce de los Evangelios. La crucifixión era un castigo que los romanos aplicaban únicamente a los REBELDES POLÍTICOS, a los revolucionarios sociales, y a los subversivos. Sabemos que, durante los años que Roma dominó Judea, sólo fueron crucificados sediciosos o simpatizantes de ellos. Jamás ningún ladrón. ¿Por qué, entonces, aquel día crucificaron a dos ladrones con Jesús?.
Como vedes, di que a crucifixión era un castigo que os romanos só lla aplicaban aos REBELDES POLÍTICOS (o que era Cristo), revolucionarios sociais e aos subversivos. A Cristo crucificárono porque lles reclamaba o Reino de Israel que en realidade lle correspondía ao ser descendente do Rei David. Pero os xudeus e os sacerdotes non o aceptaban. Que fariades vós se mañá chega por aquí un rapaz de trinta anos reclamando o reino de Galicia, dicindo que é descendente de Pardo de Cela, ou proclamándose fillo de Deus?, repito, que fariades?.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES