Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Esquema sobre Cristo (2)

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 28 de agosto de 2025
Revolución contra Roma

Cristo quer organizar no seu país unha rebelión popular contra os romanos para expulsalos, para así, reclamar o que a El lle pertence, O Reinado de Israel, pero os propios del, os xudeus e os sacerdotes, non entran a trapo e é cando o venden para que os romanos o sentencien a morte co método máis horroroso que tiñan, a crucifixión. Para esa rebelión, Cristo pretende utilizar o mesmo sistema que Moisés cando sacou a Israel da escravitude de Exipto pensando así, que tamén daría resultado, pero os seus compatriotas non caeron no engano e rexeitárono, que aínda hoxe non o recoñecen como "fillo de Deus" e ata dubidan se sería profeta. A arma que Cristo lle copiou a Moisés para reconquistar Israel, foi a relixión e que El convencelos de que era fillo de Deus, pero non triunfou para o seu pobo.
A pesar de todo, Cristo casa con María de Magdala (María Magdalena), con quen ten unha filla chamada Sara (que en hebreo significa "princesa"), como a muller do gran patriarca de Israel, Abrahán. Tamén a propia biblia di que Cristo tivo varios irmáns, uns nove, pero algúns non quixeron saber nada das ideas políticas de seu irmán.
Por outra banda, debemos destacar, que o catolicismo naceu 300 anos máis tarde da morte de Cristo, concretamente no século III, capitaneado por Constantino I “O Grande”, que ao ver como o imperio romano se viña abaixo, legalizou o cristianismo, para seguir enchendo as súas arcas de riqueza.

Paixón e Morte de Cristo (Só para mentes abertas)

É indiscutible que a igrexa católica cambiou a biblia ao seu capricho e como lle deu a gana, con iso de que se auto proclamaron ministros de Deus, sen contar nunca co seu Xefe, nas reunións que fan, danlle á biblia a volta para adiante como para atrás, tal é como se foran bailar unha muiñeira.
Imaxinádevos un momento e por exemplo o que vos vou a dicir, no ano 591, século VI, o entón papa Gregorio I, metéuselle na cabeza intitular a María Magdalena como "prostituta", xa que na auténtica biblia, aparece María Magdalena como a elixida por Cristo para fundar a Igrexa e non San Pedro como sempre nos deron a entender, pero claro, Pedro era home e como a igrexa católica é altamente machista, pasaron de María Magdalena a San Pedro. Non obstante, en 1969 o entón papa Pablo VI, faille recuperar o posto que lle corresponde, e de prostituta pasa a ser un dos apóstolos máis importantes de Cristo, ratificado polo actual papa Francisco o día 22 de xullo de 2016, que lle da o cualificativo de “apóstolo dos apóstolos”.
Como á igrexa católica lle da por cambiar o que lle peta, tamén eu estou no meu dereito de poñer no seu lugar todo o que me peta, e nesta ocasión, imos poñer a PAIXÓN E MORTE DE CRISTO, no lugar que lle corresponde.
Comezaremos coa “Última Cea”. Chámaselle última cea, porque claro está, para Cristo foi a última, porque despois xa o mataron ou “fixeron que o mataran”, pero esa cea era a que se celebrou sempre por Pascua comendo o cordeiro é que se conmemora a saída de Israel como escravos de Exipto, no ano 1300 antes de Cristo baixo as ordes de Moisés.
Esa cea, a cea Pascual sempre se celebrou en familia, algo semellante á nosa Pascua de Nadal, que sempre se celebrou na intimidade familiar e non como agora que moitas casas en vez de Pascua parece unha feira.
Pero, non vos parece estraño que nesa cea Pascual de Cristo, estiveron os apóstolos só con El, sen as súas familias e ata Cristo sen súa nai María?. Algúns estudosos cren que María Magdalena si que estivo, era discípulo e esposa de Cristo e de feito, na Sagrada Cea que pintou Leonardo Da Vinci, pódese ver á dereita de Cristo a María Magdalena.
Pero se iso foi unha cousa estraña, máis estraño foi que unha vez acabada a cea se fosen ao Horto das Olivas en Xetsemaní a rezar?. Veremos, como se foron rezar a un monte en plena noite, sen luz de ningunha clase?. Sobraban lugares en Xerusalén para rezar, pero por que quixo ir a un monte e en plena noite?. A resposta é moi sinxela, para que non os vira ninguén cando viñeran os soldados romanos prendelo. Quería aforrar ese espectáculo, aínda que despois a súa crucifixión foi todo un espectáculo.
Por que o traizoou Xudas?. Non, Xudas non o traizoou, Xudas estivo en mutuo acordo con el para dicirlle aos romanos onde estaba e que o colleran sen testemuñas populares. Credes que facía falla un que levara aos romanos a xunto del, cando resulta que El non estaba agachado e víase a tódalas horas andando polas rúas?. Se o fixeran prisioneiro en plena rúa, sería un espectáculo e iso foi o que Cristo quixo evitar, porque sabía que o seu cometido había fracasado, non tivo os apoios populares que El pensaba para revolucionar ao pobo de xudea en contra de Roma e proclamarse así El, Rei de Israel, que lle correspondía ao ser descendente de reis.
Veredes, Xudas Iscariote, segundo os investigadores era irmán de Cristo (entre outros). Xudas foi o que lle ensinou a Cristo a ler e a escribir e era o discípulo que mellor se levaba con Cristo e incluso era o que lle levaba a contabilidade do que sacaban de esmolas e gastaban no día a día, e por esa confianza que tiñan un co outro, foi o que Cristo escolleu para que o “traizoara”. Que pensamos, que Xudas ía traizoar a Cristo por trinta miserables moedas?. Como dixen nalgunha ocasión, Cristo e a súa familia, eran de clase alta, descendentes dos reis David e Salomón e non tiñan problemas económicos, a parte de iso, tamén se sabe que María Magdalena era unha muller adiñeirada e que lle pasaba moitos cartos a Cristo.
Cando chegaron ao Horto das Olivas, Cristo díxolle aos discípulos “Agardádeme aquí que eu vou orar e logo veño”. Deixounos quedar e El introduciuse máis no monte, axeonllouse e dirixíndose a Deus, díxolle “Pai, aparta de min este cáliz e fágase a Túa vontade e non a miña” Lc. 22, 42. Esta frase escribiuna o seu discípulo San Lucas. A pregunta é, como soubo Lucas o que dixo se lles mandou quedarse atrás e non foron con El?. Ademais, segundo a biblia, di que eles quedáronse durmidos mentres Cristo rezaba.
Outra das trolas que nos contaron foi, que cando estaba rezando no Horto das Olivas, ao chegar os romanos e prender a Cristo, Pedro sacou a espada da vaina e quixo pelexar e cortoulle a orella a Malco, servidor do sumo sacerdote. Mentira, iso non puido ser verdade, e sabedes por que?, pois porque Pedro era mariñeiro, era pescador e non soldado ou militar e non levaba espada nin nunca a levou. Por outra banda, como se ían a enfrontar aqueles doce “pringados” a todo un exército de romanos?. Outra das probas que teño na manga e é moi fácil de entender, cando resulta que ao día seguinte, Pedro negou a Cristo tres veces antes de que o galo cantara, por que o negou?, por medo a que o apresaran coma Cristo, entón dáme a razón de que non puido sacar ningunha espada.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES