Esquema sobre Cristo (1)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 21 de agosto de 2025
María, a chamada Virxe María, nai de Cristo, era descendente do Rei David, Rei de Israel e pai de Salomón, tamén Rei de Israel. Para facernos unha idea da riqueza de Salomón, temos que saber que ingresaba anualmente nas súas arcas 666 talentos de ouro, equivalentes hoxe a 9 millóns de dólares. Ano 961 antes de Cristo. Foi o que mandou construír o famoso "Templo de Salomón", revestido en ouro que se podía ver o seu brillo a 40 quilómetros de distancia.
A Virxe, é de familia moi rica naqueles tempos. Son descendentes de reis. Polo tanto, era unha familia de gran prestixio en Xudea.
O sumo sacerdote daquela en Israel, chamábase Zacarías, e estaba casado con Sabela a prima de María (a Virxe). Sabela e Zacarías teñen un fillo chamado Xoán (Xoán o Bautista), que aburrido de vivir a vida de rico, faise eremita e vive no deserto e onde lle cadra, como moitos rapaces de hoxe en día, que non aguantan o sistema de seus pais ricos e liscan da casa preferindo vivir mil calamidades e penurias polo mundo.
Naquela época, Israel estaba colonizado polos romanos, como tamén colonizaron España, Francia, Portugal, Romanía, etc. María ten un mozo clandestino, un romano chamado Tiberius Iulios Abeb Pantera. María por ser hebrea ten prohibido relacionarse cos romanos, pero tamén a Tiberius (o mozo de María), lle prohiben ter relacións cos hebreos, e vense en segredo. María ten 14 anos de idade e a mala pata lévaa a deitarse con Tiberius e cae preñada del. Cando a familia de María observa que a filla está preñada dun romano e solteira, teñen un gravísimo problema, pois segundo a lei de Mesopotamia (que aínda existe hoxe en países musulmáns), toda muller adúltera será morta a pedradas, ou sexa, a lapidación. María, aínda que é filla de ricos, non pode ser unha excepción ante a lei e tería que ser lapidada como outra muller calquera, e a parte deso, a familia sufriría un grave problema de desprestixio e marxinación por parte da sociedade daquela época. Tiberio, ao saber do embarazo da súa noiva, como tamén ten prohibida esa relación por parte de Roma, desaparece do mapa.
Moi alarmados e desesperados, os pais de María, coméntanlle o grave problema ao seu parente Zacarías o sumo sacerdote, para a ver se el pode evitar a lapidación de María a súa filla e a vergoña e deshonra da familia. Zacarías ten una idea, de ofrecerlla como esposa ao carpinteiro do pobo, Xosé que tiña 40 anos de idade. Xosé acepta o casoiro, pois unha rapaza nova para un vello e de por riba de familia rica e de boa estirpe non é mal negocio, pero Xosé ve que a María lle medra a barriga e sen el haber feito nada con ela. Xosé sepárase de María, e estando a piques de que se coñecera publicamente e se descubrira o adulterio, Zacarías intervén de novo e invéntalle a Xosé o de que era obra e graza do Espírito Santo, ou sexa, que sería fillo de Deus. A Xosé, un home sen preparación e sen cultura, analfabeto total, cólalle a mentira e faise cargo do bebé.
Por orde do emperador César Augusto, tódolos habitantes do país deben desprazarse a Belén para censarse. Os Reis Magos guiados por unha estrela chegan a Israel e danse con Herodes que é o que goberna Israel. Cando lle explican que van a ver a un novo rei, Herodes pídelles que á volta lles diga onde está para ir adoralo el tamén, pero en realidade era para matalo. Os Reis Magos despois de loar ao Neno vólvense para oriente, pero por outro camiño. Herodes decátase do engano e para poder matar a Cristo, ordena matar a tódolos varóns recen nados. Xosé ve o que se lle ben encima e colle a María e ao Neno e marchan para Exipto a agocharse. Pero, por que a Exipto?. Eles podían marchar fóra de Belén a outras cidades. Pois seguro que marcharon á Exipto porque ao censarse e nacer nese mesmo intre o Neno, todos se decataron de que non cadraban as contas do embarazo de María co casamento, por iso marchan a Exipto, país distinto para que non se soubera deles, e claro está, se non foran de familia adiñeirada, non poderían marchar, porque non terían cartos para a viaxe nin para vivir en Exipto nese tempo.
Ao nacer Cristo, só se sabe que á idade de doce anos, permíteselle entrar por primeira vez no Templo e alí, se comenta que desaparece por tres días. Din as Escrituras que deu leccións dos libros sagrados aos sacerdotes. Claro está, Cristo ao ser dunha familia tan destacada, xa sabía ler e escribir, cuestión practicamente imposible para outros naquela época. A parte de iso, como non ía poder quedar no templo tres días, sendo sobriño do sumo sacerdote Zacarías?.
A partir desa idade, Cristo desaparece do mapa público, desde os 12 anos aos 30, tempo en que a familia o enviou a estudar e prepararse, contando de que os romanos acabaran marchando de Israel, pero volve e xa con 30 anos, e sen resultados positivos, os romanos seguían en Israel. Sábese que parte dos seus estudos os realizou en Inglaterra a onde o levou o seu parente Xosé de Arimatea, o mesmo que o baixou da cruz e ofreceu o seu sepulcro para enterralo. Xosé de Arimatea era da familia de Cristo, un gran comerciante que mercaba metais en Inglaterra e nunha desas viaxes, Cristo acompañouno.
En Inglaterra e baixo o ensino de Druídas ingleses, aprende certas artes de curación descoñecidas por completo no seu país, e de aí ven que os xudeus creran que se trataba de milagres, frase que aínda se utiliza hoxe en día, cando unha enfermidade é dura e se sae dela, dicimos curouse de milagre. Cando se fala da curación ou expulsión de demos do corpo, non se trataba de que no corpo da xente houbera demos metidos, se non que a calquera enfermidade que eles descoñecían, lle dicían que tiña o demo no corpo. Poño un exemplo: Cando se di que Cristo resucitou á filla de Xairo e Cristo lle di á familia non está morta, está durmida, Cristo non mentiu, a filla de Xairo efectivamente non estaba morta, déralle un ataque de catalepsia, polo que parece que calquera persoa está morta, porque se quedan sen pulso e como se non tiveran vida, pero en poucas horas, volven á normalidade.

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)