Colaboradores da Esperanza
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 21 de agosto de 2025
É ben certo que a esperanza non defrauda.
Quen ten esperanza sempre ve unha solución.
Por moi difíciles e incertos que nos parezan estes tempos, non deixan de ser esperanzadores.
Certo que ultimamente vemos moitos cambios que nos está costando traballo asimilar.
Por eso debemos estar, máis abertos que nunca, ós cambios que poidan producirse tanto a nivel social e, sobre todo, a nivel persoal.
AS PERSOAS TEMOS CAPACIDADE DE ADAPTACIÓN
Afortunadamente, as persoas temos unhas capacidades especiais que nos permiten poñer solución ós problemas que nos vai presentando a vida.
Somos as persoas as que temos que adaptarnos ós tempos que corren.
Os tempos non teñen capacidade para adaptarse a nós.
ALGÚNS SOBRESALTOS HOUBOOS SEMPRE
A. - OS DESCURIMENTOS:
O descubrimento do lume, da roda, do motor, da electricidade, do telégrafo, do teléfono, de internet, da intelixencia atificial, etc, etc
B. - OS AVANCES CIENTÍFICOS
Os descubimentos da ciencia son innumerables nos diferentes campos.
Grazas a eles vanse erradicando moitas enfermedades.
Grazas a eles vaise descubrindo a maneira de vivir dos nosos ancestros.
Grazas a eles vanse coñecendo diferentes culturas, relixións, modos de vida e avances científicos de todo tipo.
Grazas a eles ímonos enriquecendo cultural e socialmente.
C.- OS COSTUMES:
Os cambios na vestimenta.
Os cambios na alimenación.
Os cambios nas tradicións, na forma de vivir...
TODO CAMBIA
Conforme imos adquirindo novas experiencias nós mesmos imos cambiando.
As novas xeracións traen sangue novo, forzas novas, coñecementos novos...
Debemos avanzar con elas e elas deben contar coa nosa experiencia.
Todos formamos a cadea da vida.
A vida está en constante movemento e nestes tempos que corren o movemento é cada vez máis veloz.
É INCRIBE PERO CERTO
Hoxe en día non é nada raro ver como as persoas cambian de opinión, cambian de opción relixiosa, cambian de opción política, cambian de palabra, cambian...
Noutros tempos: unha palabra era un documento, hoxe ata os documentos hai que miralos dúas veces...
¿ESTARÁ TODO PERDIDO?
¡Quen tal dixo!
Sempre houbo persoas que pasaron pola vida facendo diabluras.
Pero...
-Sempre houbo persoas que entregaron a súa vida en favor das máis necesitadas.
-Sempre houbo persoas que optaron por colaborar na construcción dun mundo mellor.
-Sempre houbo persoas que, desde calquera posto de responsabilidade, entregaron o mellor de sí a favor do ben común.
ESAS PERSOAS ANDAN ENTRE TÓDOLOS DÍAS
A.- CRIATURAS: que se esmeran por cumprir relixiosamente cos seus deberes como fillos, como netos, como alumnos, como amigos.
B.- ADOLESCENTES: conscientes de que o mundo precisa persoas capaces de levar a cabo moitos cambios para correxir erros.
C.- XUVENTUDE a punto de incorporarse ó mundo laboral para empezar a planificar unha vida honesta e prometedora.
D.- ADULTOS: que están deixando a pel para que os seus descendentes teñan un futuro prometedor.
E.- ANCIÁNS: transmisores de valores que fan de moderadores de conductas "extravagantes" para que as augas volvan ós seus cauces.
ESTAMOS CHAMADOS A COLABORAR
Non importan os anos ni a condición social, o que importa é estar disposto a colaborar para conservar todos aqueles valores que nos conducen a ser colaboradores activos da esperanza.
Ó remate todo conducirá para o noso ben porque os anxos existen.
"O AMOR DOS ANXOS CUSTODIOS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora