Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Espectáculos denigrantes

viernes, 11 de septiembre de 2009
Un presunto delincuente, merece o respecto á presunción de inocencia mentras non haxa sentencia firme. Un delincuente só debe recibir o castigo que a Xustiza dicte no exercizo das súas funcións. Nada máis.

Pois estamos vendo repetidamente nos medios audiovisuais uns espectáculos denigrantes que se producen cando se somete a uns presuntos culpables ó xuizo popular ó aire libre, expostos a insultos, agresións e vilipendio.

Temos o máis lonxano exemplo naquel asasinato televisado cando Jack Ruby disparou nun pasillo do xulgado a Oswald, o presunto asasino de Kennedy. E pasaron desde entón corenta e seis anos e aínda non aprendemos.

Calquera presunto infractor merece un respecto a determinados dereitos. Naturalmente que ten que ser detido polas forzas do Estado e levado a presencia do xuiz que entenda o caso. Pero non se entende que teña que ir esposado pola rúa, nin pasar por entre grupos de persoas no mellor dos casos curiosos, no peor interesados no tema que se vai xulgar. E o presunto culpable non só ten que someterse como é xusto e necesario ós interrogatorios policiais e xudiciais senón que ten que pasar polo oprobio da contemplación e o insulto popular.

Nestes tempos nos que os dereitos das persoas parecen terse en conta parece incrible que nos xulgados non existan instalacións onde poidan entrar os vehículos policiais e conducir ós xusticiables a presencia do xuiz sen estar en ningún momento en contacto co exterior.

Evitaríamos espectáculos denigrantes que a ninguén favorecen e veñen demostrar que aínda que faga milenios que nos civilizamos e aprendemos a organizarnos, en determinados momentos volvemos á selva e comportámonos de xeito que -visto posteriormente- nos faría avergoñar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES