Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 15 de agosto de 2025
Todo Arde

Volve a eiva, a mala conciencia dalgúns poñéndolle lume ó monte. O monte arde. Os animais morren. A natureza extínguese. Os dos pastos alégranse. Os das madeiras refréganse as mans. Unha boa parte das partidas económicas que se destinan para apagar os lumes "pérdense" polo camiño. A administración, a Xunta segue a velas vir. Todo arde; enorme tristeza, gran película.
Agora faranse estudos, desenvolveranse parladoiros, compararanse estatísticas... E pasará como coas guerras: que non aprendemos nada, que isto non debería suceder nunca máis, parece mentira que en pleno século tal. As guerras seguen e seguirán. Os incendios cada vez serán máis desbastadores. Porque non hai control durante todo o ano. E moito menos conciencia.
Asomarán investigacións para saber como se iniciou, onde se iniciou e por que se iniciou tal incendio. O como é sinxelo: intencionado. Non fai falta ser especialista de nada para saber que máis do 95% son intencionados. Xa teño contado que, de rapaces, faciamos probas co pelo do zorro (unha herbiña moi fina, moi basta e moi seca) e non había maneira. Nin con cigarros, nin con cristais, nin rabo de peixe. O lume aparece porque alguén o prende. Onde se inicia un incendio case sempre é en lugares inaccesibles ou afastados dos núcleos urbanos (aínda que, despois, sempre acaban chegando a estes), o que significa que se lle vai poñer lume. O por que... o por que xa o dixen ó principio: pastos para gando, madeira barata, terreos para a especulación, intereses económicos, gozo do pirómano, ineptitude das administracións e falta de conciencia en moito (en moitos, repito) seres humanos. Todo arde.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES