¿Melloramos moito?
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 14 de agosto de 2025
Depende como se mire.
En certos aspectos, si e noutros non, desafortunadamente.
A MAIORÍA TEMOS:
-Coche en tódalas casas.
-Electrodomésticos que nos facilitan a vida.
-Posibilidades de viaxar: uns máis e outros menos.
-Vacacións remuneradas os que traballamos por conta allea.
-Case todos: unha pensión, mellor ou peor, para a ancianidade.
-Seguridade social.
-Teléfono fixo e móbil.
-Ordenador a xente nova e moita de idade tamén lle colle gusto.
-Internet en, practiamente, todo o terrtorio
-Moita ropa e calzado que non dámos gastado.
-Alimentos suficientes, etc.
CARECEMOS DE:
-Relevo xeracional porque a natalidade cae en picado.
-Man de obra e profesionais nativos.
-Matrimonios como corresponde á naturaleza humana
-Familias sólidas e duradieiras.
-Seguridade no posto de traballo.
-Seguridade cidadá.
-Principios morais e relixiosos.
¿QUÉ CAMIÑO LEVAMOS?
-NO TOCANTE Ó RELEVO XERACIONAL:
Sempre os tempos foron difíciles.
O que hoxe disfrutamos debémolo á loita dos nosos devanceiros.
Se nós loitamos, tamén sairemos adiante.
Se o relevo xeracional segue caendo en picado:
Non queda outra máis que botar man da inmigración, co que eso significa...
Para os que veñen é un gran cambio de cultura, lingua, relixión, sen contar coa saudade e a vida que deixan nas súas respectivas terras nativas.
Paréceme que deberíamos ter consideracion cos emigrantes, nós tamén nos movemos para buscar unha vida mellor.
Se cumpren co seu deber, precisan: acollida, recoñecemento e agradecemento.
Para os nativos tamén supón moitos cambios ós que teremos que adaptarnos se a natalidade non se recupera.
En calquera caso debemos valorar a nosa cultura e as nosas tradiccións para que se conserve a nosa identidade propia.
-CAPÍTULO DELICADO:
Neste momento a familia está pasando momentos moi delicados.
Se a familia ten problemas, a sociedade tamén.
Hai que facer unha distinción moi clara entre o que é unha familia ou outros tipos de convivencia.
Unha familia debe estar unida polos lazos do amor, o sangue, a comprensión, o perdón, o cariño, a tenrura, os bens materiais e espirituais e todo o mellor que sae do fondo do corazón dos humanos.
Unha familia debe ser sinónimo de unión a tódolos niveis.
O resto son convivencias que vemos hoxe en día
Funcionan mentres que funcionan e cando non o que queda é malestar nos corazóns dos que viviron enganados.
De aí saen todos os casos de maltrato que poden chegar a acabar en depresións ou incluso coa vida das persoas
As criaturas que viven neses ambientes non poden ter unha infancia feliz, non poden render nos estudios e, moito menos, estar abertas a fundar familias de verdade.
-A SEGURIDADE NO POSTO E TRABALLO:
É un aliciente moi importante para que a xuventude poida realizarse.
Está claro que se fallan os medios non poden conseguirse os obxectivos.
-A VIVENDA É OUTRO FACTOR IMPORTANTE:
Todos precisamos un teito.
Alguén terá que tomar medidas para favorecer a formación de familias que recuperen a esperanza como persoas e como país.
-A RECUPERACIÓN DE PRINCIPIOS:
Non todo vale, non se pode ir por libre.
Cómpre a nosa cooperación baseada en principios morais e relixiosos para construír unha sociedade con boa saúde física e moral.
Cada persoa é un elemento moi importante á hora de formar unha comunidade con esperanza nun futuro prometedor para todos.
"COLABORADORES DA ESPERANZA"
Este será o título do seguinte artigo.
Motas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora