Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Escrito ao Sr. Mariano

jueves, 10 de septiembre de 2009
Escrito ao Sr. Mariano (Puño en Alto)

O Sr. Rajoy cualificou o do “puño en alto” como un símbolo fascista e o PP ao completo di que o “puño en alto” é como un “puñetazo”, “totalitario” e “amenaza”.

¡Pobre Mariano!. Coido que non leva moi ben isto da política, leva camiño de se converter no primeiro suspenso de un bo estudante de provincias. Non Mariano, que non, que coa xente que tes ao teu carón non tes futuro. Saes dicindo a mentira histórica do “puño en alto” e ao momento toda a tropa do franquismo sociolóxico que tes rodando á túa beira entra ao trapo nos medios como elefantes nunha cacharreira.
Seguro que estás a maldicir a hora e mailo día que saíches con esa patada de burro.
Vouno tratar de vostede por consideración e respecto á súa persoa, é o menos que podo facer, aínda que vostede non respetou a centos de milleiros de persoas que defenderon e defenden a liberdade deste país.

Sr.Mariano, sabe moi ben que o puño en alto é un símbolo histórico dos traballadores e da loita obreira, das forzas políticas da esquerda, dos demócratas convencidos, republicanos. En definitiva de xente de ben que na súa inmensa maioría son defensores das liberdades . Polo contrario todos aqueles que levanta a man aberta “cara al sol”, non coñezo a ningún, ni un só que as súas ideas non leven unha grande relación co totalitarismo. Esa é a diferenza, Sr. Mariano.

Sr. Mariano, vostede quere terxiversar a historia, inclusive ata son capaces de “privatizala”, cousa que lles gusta moito, se por vostedes fora ata o ar o privatizaban. Sabe moi ben vostede sr. Rajoy, de cantos quedaron nas cunetas asasinados por defender a democracia e nos últimos intres de ser fusilados levantaron ese puño. Esquécese ou fai por esquecerse vostede, dos 40 anos que a extrema dereita fascista gobernou este país a sangue e lume con símbolos en todos os lugares, ata os tiña na sopa e no prato no que xantaba.

Sr. Mariano, alporízase (ou lle mandan alporizarse) cos do “puño en alto”. Vostede non se decata ou non quere decatarse que no seu partido están agochados franquistas convencidos, os ten a montes e moreas e non dan abasto en crispar aos españois acentuando esa crispación as dúas españas de Machado.

Sr. Rajoy, en Europa os nazis e fascistas foron depurados e xulgados. En Arxentina, Uruguai, Chile, Nicaragua, Salvador etc. , os xenocidas están pasando polos tribunais. Aquí sr. Mariano, dormen a perna solta e teñan a cara dura de seguir defendendo o fascismo que vostede e a súa tropa xamais condenaron nin condenan.

Sr. Mariano, non lle vai ser moi doado acadar que o seu partido tome unha clara ideoloxía de dereitas ou centro-dereita ao estilo europeo, cando o seu antecesor que lle deixou o “sofá”, votaba lume contra a Constitución fai 30 anos, levantaba a man “cara al sol” e defendía a memoria de Franco e agora segue dando ordes á sombra e ao amparo de FAES. Mentres non saque esa rémora de riba do lombo (como o muxe leva á lamprea), pouco ou nada pode facer.

Cando o partido que vostede dirixe condene todas as atrocidades do franquismo, non rexeiten as mocións de retirar os símbolos fascistas, placas, títulos, rúas, avenidas, estatuas, medallas etc e respectar a Memoria Histórica, entón Sr. Mariano, xa pode darse cun canto nos dentes. Coido que si o intenta vostede, dura tanto como un caramelo ao pé dunha escola, ollará que en menos dun minuto comeza a subirse polos seus pantalóns ao Sr. Mayor Oreja número un no seu partido desas ideas retrógradas.
Aínda con todo ese lastre que ten en contra, lle desexo que teña éxito en facer ese partido moderno e libre de velenosas serpes fascistas. Ten unha oportunidade de ouro neste intre de coller o touro polo cornos, retirando esas palabras do “puño en alto”. Rectificar é de sabios Sr. Mariano.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES