Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Europa

jueves, 10 de septiembre de 2009
Pasamos moitos anos suspirando por Europa, coindando que Europa era a salvación de todos nós. Que entrando en Europa tiñamos conseguido garantir o futuro.

A entrada en Europa foi un entusiasmo. Democrático e económico. Que as alegrías democráticas se nos foron pegando é verdade, pero especialmente cando comprobamos que as subvencións como país subdesenvolto eran tremendamente importantes, acomodámonos á nova situación de europeos de segunda que percibían subsidios en tanto entrabamos na primeira división.

Agora, que xa somos Europa, con todos os dereitos, de cando en cando ameázasenos coa UE, con que podemos ser sancionados por producir máis leite do autorizado, por non conter o imparable déficit, por non suxeitarnos á disciplina que supón a moeda única.

Pero Europa aínda é unha entelequia, e cada país conserva a maior parte dos vellos vicios, aínda que ás veces parece haber a intención de ilos eliminando. A última nova que nos envía é o acordo para que a UE poña coto ós sangrantes beneficios que os altos cargos das entidades bancarias perciben, sexa cal fose o resultado da súa xestión.

En tempos de bonanza económica, todo é tolerable, perdido na inmensidade das boas noticias. Agora é especialmente sangrante o conxunto de beneficios multimillonarios que perciben os executivos dunhas entidades que, en definitiva, van recibir auxilio ou respaldo das institucións públicas, de todos nós.

Europa aínda ten moito que andar. A pesar de ter andado un longo camiño e englobar a tantas nacións que xa perdemos a conta, aínda queda moito con conxeniar, harmonizar e racionalizar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES