Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O apocalipse

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 14 de agosto de 2025
Desde tempos inmemoriais se nos fala da fin do mundo, de como será ou de como deixará de ser. O evanxelista San Xoán, represéntanos a fin do mundo no apocalipse con catro cabalos de catro cores distintos: o negro, branco, marrón e pardo, que representan as guerras, a fame, as epidemias e a morte. Tamén nos fala de que as mulleres deixarán de ter fillos, as catástrofes naturais como o lume e a auga serán para nós o terror.

Tamén neste apartado temos que destacar a figura de Nastradomus. Michel de Nôtre-Dame (Saint-Rémy-de-Provence, Francia, 14 de decembro de 1503-Salón de Provenza, Francia, 2 de xullo de 1566), tamén chamado Michel Nostradame, latinizado normalmente como Nostradamus, foi un boticario francés e suposto adiviño, máis coñecido polo seu libro Les Prophéties (As Profecías), unha colección de 942 cuartetos poéticos que supostamente predín o futuro. O libro publicouse por primeira vez en 1555.

Poderíamos pasarnos horas lendo estas profecías incluídas as de San Malaquías. As Profecías de san Malaquías son dous textos que se publicaron en 1595 e en 1690, e que desde a súa publicación atribúense ao arcebispo católico San Malaquías de Armagh (1094-1148), que tamén vaticina a desaparición da igrexa católica tal e como a vemos hoxe. Algúns atrevidos xa se pronunciaban a dicir, que o papa Francisco era o anticristo ao que se refería San Malaquías e Nostradamus.

Pero, aínda que eu nin son San Xoán, nin Nostradamus, nin San Malaquías, quixera profetizar como me supoño que podería ser, non a fin do mundo como sempre se nos dixo, se non unha especie de cambio de era, como outras moitas culturas e civilizacións que desapareceron estando na cúspide do mundo, falemos de Mesopotamia a Atlántida a Exipcia, etc.

Pode ser, que as epidemias, a fame, as guerras e as catástrofes naturais sexan a xanela que se asoma ás portas da fin do mundo, pero hai outros asuntos que parece que non significan nada, pero que para min, supoñen un gran perigo para a humanidade.
A que perigo me refiro?, pois nin máis nin menos, que estamos substituíndo os cans por nenos e este é un gran perigo para a humanidade.

Vexamos: nas redes sociais vese unha defensa xeral e total do can en contra do ser humano. Incluso din, que ante unha catástrofe salvarían primeiro a un can que a un ser humano.

Parece ser, que en España a día de hoxe, hai uns 900.000 cans e temos 600.000 nenos, unha diferencia aterradora. A xente non quer ter fillos, só queren ter cans e can e cans, porque claro, o can e manexable, submiso e pensamos que o dominamos, cando en realidade, quen domina é o can ao dono e un neno dá moito máis que facer e sobre todo, que hai unhas leis que non animan moito a ter fillos.

Co paso dos anos, iremos observando como os colexios van pechando por falta de nenos e cando falten os nenos, os profesores terán que buscarse outros traballos ou outras profesións, pero que cultura teremos?, se non hai profesores, quen nos vai educar intelectualmente?.

Vouvos poñer un exemplo: En Foz, no ano 1964 inauguráronse nove colexios nacionais e xa tiñamos dous privados, hoxe colexios concertados. Pois ben, deses once colexios de primaria a día de hoxe só quedan cinco, ou sexa, que pecharon seis colexios en preto de cincuenta anos. Pero iso non é todo, eses dous colexios concertados, nos anos 80, víronse obrigados a pasar de colexios unitarios a colexios mixtos debido á crise de natalidade e de por riba ningún dos colexios de Foz teñen cubertas tódalas súas prazas ao cen por cen e en contradición, teño que engadir, que Foz é o Concello da Mariña que máis poboación vai gañando, pero claro, a base de xubilados, que teñen aquí a súa segunda vivenda e veñen tanto do interior da provincia, como das cidades e vivir a Foz, empobrecendo aínda máis a nosa demografía.

Os edificios deses colexios pechados como centros de ensino, hoxe exercen as súas funcións como centros culturais de asociacións de veciños. Os nenos das parroquias son trasladados en autobuses aos tres Colexios Públicos que hoxe quedan, dous no casco urbano, un que xa había de 1964, máis outro que se construíu en 1993 para pechar os seis que pecharon e o outro, o de Fondo-Nois, tamén de 1964, nas parroquias de Nois e Cangas e tamén para os dous colexios concertados (en todo isto non conto o IES).
A día de hoxe, son infinitos os colexios que están pechando por toda a xeografía española e as direccións dos mesmos, facendo unha carreira de obstáculos sen precedentes para salvalos, ata o punto que hai Concellos que ofrecen casa de balde a familias con nenos, que se vaian a vivir a eses Concellos para evitar o peche de escolas.

Pero esta especie de carreira de cara ao precipicio, non só teremos que pensar en que os mestres terán que cambiar de profesión, iso sería o de menos, o problema vai ser, quen vai pagar as pensións dentro de 60 anos?. Se non hai nenos, non haberá obreiros, non haberá xente que traballe, polo tanto, desaparecerán tódolos mecanismos cos que funciona o sistema. A falta de colexios non haberá carpinteiros, albaneis, mecánicos, camioneiros, mariñeiros, etc., etc., que como ben vedes, xa de feito escasean agora no mercado laboral e claro está, non todos podemos ser funcionarios, porque ninguén pagará impostos, porque non haberá habitantes suficientes para sobrevivir.

Comeranse uns a outros como pasou cos dinosauros, que aínda que os paleontólogos aseguran que morreron asfixiados polo po levantado por un xigantesco meteorito que caeu sobre da terra, eu non o creo, para min foi a causa do depredadores que eran, que pouco á pouco se foron devorando un a outros, porque non había carne que lles chegara nin suficiente flora. Imaxinádevos unha besta de setenta toneladas a cantidade que precisa diaria para comer.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES