Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chamábase Teresa

Ávila Soto, Federico - miércoles, 06 de agosto de 2025
Chamábase Teresa, lin días pasados asasinada por un home maior que, están a ver seu estado mental polas formas do asasinato e súa actitude. Acoso sexual continuado, seguramente pois, así o denunciou varias veces Teresa sen que lle fixeran caso na empresa que prestaba seus servizos de coidadora á esposa dese home, enferma e encamada longo tempo.
Tódolos días que un acende o televisor, olla a prensa escrita, escoita a radio ou se introduce no mundo da internet e seu océano comunicativo, recibimos o impacto informativo dunha muller maltratada, asasinada, violada, desaparecida, secuestrada ou utilizada por pais, irmáns, mozos, esposos, parella sen compromiso formal ou descoñecidos que, no seu particular vivir diario que se impuxeron, leva a utilizar á muller, -coma ser feminino- coma obxecto de uso para satisfaccións e utilizacións propias de animais desbocados en instintos erótico-sexuais.
O ser sexual, é intrínseco á persoa -como as demais especies animais- como o motor propulsor da futura vida, da rexeneración cíclica da existencia. Por tanto, a sexualidade nos animais coma nas persoas, é un fundamento da nosa existencia para poder renovarse e seguir os ciclos de vida. A sexualidade, o erotismo, a beleza, son estímulos que nos acompañan no noso ser diario aínda que tratemos de ocultalos, de reprimilos ou de ignoralos. E isto é unha viaxe de ida e volta: os estímulos van nas dúas direccións, home-muller, muller-home.
Neses mesmos medios que citei nun principio, afloran noticias de manifestacións de repulsa, de novos actos contra mulleres indefensas, de monstruosidades aberrantes do uso do ser feminino, de declaracións e máis declaracións que caen no paternalismo baleiro e ineficaz de opinións e máis opinións que, sendo moi respectábeis, “nunca” aportarán solucións a ese goteo milenario de vidas truncadas, por mor do sistema de vida que a través dos séculos, impón a “forza” suplantando á “intelixencia”.
Por moito que especialistas en temas sociais, as forzas vivas da administración, das normas e leis de todo o conxunto das sociedades se puxeran de acordo, e pretenderan rebaixar ou reducir ao mínimo todos eses actos cos que a diario convivimos, non serían capaces de conseguilo porque, este “mal”, é parte da factura que hai que pagar polo estilo de vida que as elites e poderes do momento impoñen a seus súbditos. Que somos a gran maioría.
Se a persoa humana, home e muller, careceramos de “intelixencia”, a nosa vida en canto a reprodución e a relacións feminino-masculino, sería similar ás demais especies animais onde, os terreos desas relacións están ben marcadas e son coñecidas por a nosa intelixencia, que é a que crea e conforma a variedade infinda e múltiple de comportamentos humanos, que nos afasta do natural das especies.
A riqueza e valor extraordinario de posuír “intelixencia” ou, coma dicimos os galegos, de “sentidiño”, de desenvolvela no manancial das mil fontes e ríos que conformamos en sociedades con culturas diversas, non deu, a través de tantos séculos e séculos, en conformar sociedades onde, o respecto cara a persoa humana, en especial o ser feminino e as crianzas, fosen o máximo a respectar e coidar. Esa cultura do respecto ao ser feminino e ás crianzas, non forma parte da “educación” e ensinanza na familia, na escola, nas universidades, na lei. Centos e miles de estímulos machistas se desenvolven na vida de todo home no seu desenvolvemento cara a adultez, non recibe formación nin educación específica que nos forme en esta faceta tan importante nas nosas vidas é, na insatisfacción sexual que camiña a diario en moitísimos homes polas súas particulares situacións, a muller, o erotismo na mente do home, pode xogar moi malas pasadas de non poñer freo. E o freo se lle obtura a moitos dos que buscan o “goce de animal” coas consecuencias que lemos nos medios, ou somos testemuñas directas.
Ávila Soto, Federico
Ávila Soto, Federico


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES