Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Monárquicos

miércoles, 09 de septiembre de 2009
Neste país ninguén era monárquico cando non había monarquía. Os que tiñan recordos amplos, pola difícil etapa que culminou na dictadura de Primo de Rivera. Os que non, porque entendiamos que o franquismo era un sistema como calquera outro, e a maioría non coñecía ningún máis.

Juan Carlos I conquistou a Coroa o 23 de febreiro de 1981. E desde entón, entendemos que a monarquía parlamentaria, onde o Rei reina pero non goberna, onde é árbitro e non xogador, non está mal como sistema, non estivo mal nestes últimos trinta e tres anos, e pode aínda valernos bastante tempo.

Señal de que o sistema funciona é a visita de Cayo Lara, máximo dirixente de Izquierda Unida (o que resta daquel rutilante Partido Comunista doutrora), á Súa Maxestade para expoñerlle os seus plans para derrubar a monarquía e implantar a III República.

Non se trata dun chiste, aínda que o pareza. E se Izquierda Unida ten nos seus obxectivos ese futuro republicano está ben que o dea a coñecer nos ámbitos ós que acceda, e proba de que o fai e de que ten toda a liberdade de facelo é que acudíu a expoñerllo ó Xefe do Estado.

Para Cayo Lara foi unha hora de gloria na que centrou a atención de toda España. Para todos, foi unha anécdota máis nun verán que agoniza. Porque os problemas actuais están máis no “vivere” que no “filosofare”. E en principio, vendo a marcha do Estado nos últimos tempos, temos monarquía para rato. Que os problemas son outros.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES