¿Qué estamos vendo?
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 07 de agosto de 2025
Hoxe en día, vemos tantas cousas, tantas, tantas... que ata hai quen quere "normalizar" o que de normal non ten nada.
Grazas que hai moitísimas persoas con sentidiño que aínda conservan os valores que cómpre conservar para que o mundo siga sendo habitable.
Son persoas de tódalas idades; pero cada xeración é froito da súa época.
AS PERSOAS ENTRADAS EN ANOS:
-Xogaron ó aire libre, creando os seus propios xoguetes.
-Foron pouco á escola porque había que axudar nos traballos agrícolas.
-Estreaban roupa pola festa do patrón.
-Non tiñan reis nin pagas.
-Vivían en familias numerosas con poucas comodidades.
-Bañábanse unha vez á semana nunha tina.
-Moitos non tiñan auga corrente nas casas.
-Cociñaban en cociñas de leña.
-Trataban ós pais e ós maiores con cortesía: de vostede
-Recibiron unha educación maiormente católica: amor a Deus sobre tódalas cousas e amor ó próximo como a un mesmo.
-Tiñan unha noción moi clara do pecado.
-Ían á misa, sempre que podín, os domingos e festas de gardar.
-Son as que, aínda hoxe en día máis frecuentan os sacramentos.
-Casaban moi novos polo matrimonio canónico.
-Non recibiron moita instrucción, pero recibiron educación no fogar conforme cos valores cristiáns e son as que nos construiron o nivel de vida do que hoxe disfrutamos.
-A maioría das mulleres tiveron un peso moi importante no fogar que non se lles soubo recoñecer nin agradecer.
No medio rural traballaban dentro e máis fóra da casa.
A súa paga era a satisfacción de crear ambiente familiar e educar á prole.
Non se lles recoñecían dereitos; pero a súa misión foi importantísima
AS PERSOAS DE IDADE INTERMEDIA:
-Tocoulles vivir o nacemento da democracia.
-Xa non pudieron xogar tanto na rúa nin o aire libre pola circulación de veículos e o crecemento da inseguridade cidadá.
-Foron máis á escola que a xeración anterior; pero non moito.
-Pasaron a vivir en familia nucleares, moitas en vilas e ciudades.
-Pais e fillos pasaron a tratarse de ti, incluso como amigos
-A formación relixiosa baixou moito.
-Cociñaban en cocicñas de butano.
-Chegou a auga e os cuartos de baño a tódalas casas.
-O teléfono tamén se foi introducindo no medio rural.
-Incorporación da muller ó mundo laboral fóra da casa.
-Máis dereitos laboráis.
-Menor formación relixiosa.
-Mellor nivel económico.
-Menos tempo da nai no fogar.
-Os horarios de ocio empezaron a ampliarse ata altas horas da noite.
-Pouco a pouco foi abrindo camiño nas súas vidas o materialismo
A XUVENTUDE DE HOXE EN DÍA:
-Metida no materialismo e no consumismo.
-Máis instrucción, si; pero... ¿máis formación?
-Máis tecnoloxía si, e máis faltas de ortografía, tamén.
-Cambiou o mundo rural polo urbano.
-Xa non se casa porque non quere compromisos de por vida.
-Os fillos son unha carga; ssustitúense por mascotas que se tratan como "fillos".
-A formación relixiosa pasou a un segundo plano.
-Os horarios de ocio pasaron a ser nocturnos ata o mencer.
-Saltáronse moitas normas, para sentirse "libres e modernos".
A NOSA QUERIDA INFANCIA
-Moitos non se bautizan porque moitos pais tampoco están casados nin polo civil nin polo matrimonio canónico.
-Ten tódolos xoguetes habidos e por haber, pero non os crea.
-Viste ropa de marca; pero non a valora.
-Ten toda a tecnoloxía ó seu alcance, incluso para pervertirse.
-Rendemento académico cada vez máis baixo: o profesorado non dá creto ó que está pasando.
-Moitas actividades extraescolares para liberar ós proxenitores.
-Moito tempo fóra da casa: en mans alleas.
-Fillos de familias desestructuradas.
-Hoxe co pai, mañá coa nai.
-Fillos con dous pais ou con dúas nais.
-Convivencia con outros fillos e fillas doutras relacións.
-Pérdida de valores da familia tradicional.
¿MELLORAMOS MOITO?
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora