Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A memoria da Chaira

martes, 08 de septiembre de 2009
A sabedoría popular láiase dos pobos que non teñen memoria… O mesmo desatino nunha persoa que non se sinte froito dunha paisaxe, unha cultura ou lingua. Por esta razón, celebramos a memoria dalguén que soubo asumir todo este universo, ata darlle unha enerxía que ata daquela non coñecía, vivindo con dignidade sobranceira ese recoñecemento das súas raíces, ata converterse nun paradigma exemplar para a nosa colectividade. Hoxe, lembramos a Manuel María, no seu cabodano, que se construíu dende este compromiso co pobo. Só, cando agarramos ben na terra, con agallas, podemos abrir os brazos coma polas, cara un futuro, cada xeira, máis venturoso. A organización destes actos anuais, nunha xornada tan festeira coma o 8 de setembro,. convócanos a facer “Memoria da Chaira enteira”. Si xa levamos nos xenes algúns datos do herdo que nos dan coma herdanza, a urdime faise moito máis forte, cando acollemos coa liberdade e lucidez do poeta, todo este patrimonio. Temos que asentar que a súa comprensión de Galiza coma un pobo que loita pola liberdade, aberto, unha terra sen constricións, é un trasunto da Chaira que o foi conformando. A xeografía foi determinante non só na súa escrita, tamén na súa ollada política e social, no sentido universal das súas interpretacións... Manuel María foi o poeta de todas as Galizas e territorios, pero prendeu nel a largacía das terras chás. Co descubrimento da Chaira recoñeceu a realidade da Galiza enteira, desprezada e negada por tantos desleigados. O libro Terra Chá converteríase na mellor axuda para sentir a tribo de cadaquén, e mesmo para atopar a verdadeira Galiza. Ten escrito: “Por moito que o intentemos nunca seremos de onde non somos. Podemos en calquera lugar do mundo, amalo, identificarnos con el pero as nosas raíces están onde están e en ningún outro lugar… Sabemos que o noso futuro se ten que cimentar no noso pasado. Se así non o facemos remataremos non sendo e perdéndonos na tristeza e na nada”. Esta fidelidade ao seu, encamiñouno a abrir novos sendeiros na estética, que lle permitiron tirar zume das vangardas literarias. Concibía a historia coma un proceso de autoafirmación no que se imbricou dende un humanismo moi intelixente, no que non esquecía as luces e as sombras do país, sempre cunha confianza intensa nel.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES