Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (58)

Otero Canto, Xosé - viernes, 01 de agosto de 2025
Aníbal o Menciñeiro de Muimenta (Cospeito) I

Fisicamente, Aníbal, o menciñeiro de Muimenta era un home ben conformado, bastante forte, cunha estatura normal tirando a alto para a época que lle tocou vivir, moreno e sempre moi ben amañado; a pesar de ser coñecido como o menciñeiro de Muimenta, as súas orixes foron da parroquia de Prevesos, onde naceu. Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (58)
Vivía no barrio da Traba, barrio ao que Madoz no ano 1845 lle chamaba Traba de Villerena e no século XIX, na época da Restauración Monárquica, dise que a feira fúndase no Campo da Trabada. Sexa como fose, A Traba era un barrio de Muimenta onde tivo lugar a feira nos seus comezos, no ano 1882, boletín do 11 de maio, sendo alcalde de Cospeito D. Juan Carreira dísenos que: se "acordó crear una feria mensual y mercado semanal en la parroquia de Santa Marina de Muimenta, y punto denominado da Trava, designando al efecto el primer jueves de cada mês para la fèria, y en los tres restantes el mercado. Se celebrará la primera inauguración el día 1º de junio próximo..."
Na Traba era logo a onde había que ir para chamalo en caso de que houbese un animal que requirise os seus coidados, por alí era por onde pasaba o Camiño Real polo que antano se circulaba. Aníbal desprazábase por toda a contorna, especialmente pola Graña, o fondal de Muimenta, pero tamén ía o outros lugares porque eu acórdome de que meu pai que era o Reino da Ponte de Outeiro tamén o chamaba para ver vacas, aínda que o mais común era o tratamento de cochos e ovellas en Moncelos, Prevesos, Corvite, etc.
Aníbal aínda que tivo un fillo e unha filla, ningún deles seguíu o oficio da albeitería, o fillo casou na parroquia veciña de Bazar e hoxe vive por Castro e a filla segue a vivir na Traba. A este menciñeiro gustáballe moito xogar a partida e algunha xente lémbrao xogando como contrincante o do "Manso" pola Feira de Muimenta.
O Xesusiño do Churro e mais Aníbal foron se cadra os derradeiros albeites da zona. O Xesusiño do Churro empregaba a menciña máis tradicional consistente na provisión de herbas medicinais para as curacións e deixou de traballar cando veu Aníbal porque xa ía moi velliño. Tanto un como o outro eran moi bos menciñeiros e a xente recórdaos con moito cariño.

Texto: Xose Otero Canto
Ilustracións: María Guerrero
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES