Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mileuristas

lunes, 07 de septiembre de 2009
Chámase así ó traballador que cobra mil euros ó mes, que traducido ás antigas pesetas resultan ser 166.386. Impresionante.

Impresionante en relación cos niveis de ingresos e custos que tiñamos cando o Euro entrou nas nosas vidas, pero moi pouco que ver coa realidade que o novo modelo impuxo cando se experimentaron subidas lineais de todos os productos nunhas porcentaxes incribles, imposibles de controlar ou medir coas escalas que se utilizan para medir niveis de vida e incrementos de precios.

Resulta que en España, o sesenta e tres por cento dos traballadores cobra menos deses mil euros mensuais, sendo Extremadura a que ten a maior proporción de case mileuristas con algo máis do setenta e catro por cento.

Galicia, polo que se ve, está mellor ca Extremadura, o cal non é moito dicir, porque os parámetros que definen a España pobre engloban ás dúas autonomías nun modestísimo posto que só asoma por encima das súas iguais cando se trata de cifras de carencias.

E sen embargo, os que poidamos encaixar na calificación de “mileuristas” podemos estar moi contentos tendo en conta que catro millóns de españois están no paro, máis medio millón que non figuran nas listas dos que arredor de vintecinco mil son galegos.

A clase media é a que soporta o peso da sociedade, e un país marcha se ten unha numerosa clase media que defende os seus postos de traballo e o nivel de vida alcanzado por modesto que sexa. Parece que sicoloxicamente temos fixado ese límite de acceso á clase media neses míticos mil euros. Para os que tempos que vivimos, vai resultar que ser mileurista é unha vantaxe e os que levan á súa casa arredor de mil euros ó mes son especialmente beneficiados pola fortuna neste occidente en crise económica e existencial.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES