Cambios que favorecen a vida
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 24 de julio de 2025
Desde que o mundo é mundo, está cambiando constantemente.
Sempre cambiou e seguirá cambiando.
Nestes tempos parécenos que os cambios son moi bruscos, sobre todo os referidos á tecnoloxía.
Pero supoño que noutros tempos temén lles parecería que os cambios eran máis rápidos do desexado porque os humanos acomodámonos moi rápido a unha situación cando esta nos resulta cómoda.
Hai quen di que somos animais de costumes.
PERO PARA EVOLUCIONAR, HAI QUE CAMBIAR.
Cambiar favorablemente é o que convén.
Nos últimos tempos asistimos a moitos cambios que favoreceron notablemente a calidade de vida.
Son de destacar:
-A educación obrigatoria.
-O acceso da muller ó mundo laboral.
-Internet.
-Os robots para o fogar, para a industria e para a medicina.
-Os medios de transporte e outros
A EDUCACIÓN OBRIGATORIA
Non hai moitos anos que as criaturas eran empregadas como brazos de traballo, sobre todo no medio rural porque a educación non era obrigatoria e daquela
Certo que facían falta moitos brazos de traballo.
Eu recordo que sendo nena, había moitos compañeiros que non asistían asiduamente á escola primaria porque tiñan que axudar nos traballos agrícolas e gandeiros.
Esas criaturas non pudieron cursar estudios.
Gañáronse ben a vida; pero seguro que se perderon moitos talentos.
Afortunadamente, hoxe en día, todos asisten á escola obrigatoria e todos cursan estudios en formación profesional ou na universidade.
Tanto é así que, debido a eso e máis á escasa natalidade, estámonos quedando sen man de obra no sector primario.
Esto implica un cambio obrigatorio:
MAN DE OBRA EXTRANXEIRA
Por un lado rexeitamos a inmigración e por outro precisámola para moitos traballos que os nativos non queremos facer.
O cambio está servido.
A MULLER NO MUNDO LABORAL
Traballo á muller nunca lle faltou, principalmente no medio rural galego.
Traballaba de sol a sol no campo e máis levaba as tarefas do fogar, a parte da materndade en moitas ocasións numerosa.
Traballaba por conta propia e non tiña dereitos laboráis, nin vacacións, nin unha pensión na súa ancianidade.
Grazas á súa preparación académica, hoxe en día, está incorporada ó traballo por conta allea, dispón do seu soldo, está acollida ós dereitos laboráis e ten moita máis autonomía a tódolos niveis.
Certo que aínda lle quedan por conquistar certos dereitos.
Cómpre a incorporación do varón nas tarefas do fogar porque:
O FOGAR É COMÚN PARA ÁMBOLOS DOUS SEXOS.
Pouco a pouco vanse compartindo tarefas que noutros tempos estaban moi mal vistas.
Hoxe en día vanse normalizando.
O cambio estase producindo progresivamente.
Xa quedan poucas familias que clasifiquen os labores do fogar por razón de sexo
INTERNET: TODA UNHA REVOLUCIÓN
Moito favorece a nosa vida se facemos un uso racional.
Permítennos:
-Comunicarnos ó instante con persoas de cerca ou de lonxe.
-Facer compras de moitas cousas necesarias para o uso diario sen necesidade de desprazarnos.
-Enviar e recibir cartos a través da banca electrónica.
-Asinar documentos con sinatura electrónica.
-Relacionarnos coa Administración sen saír da casa.
-Saber como andan as nosas contas do banco desdecalquera lugar.
-Traballar desde a casa, inluso nunha empresa situada no extranxeiro, etc, etc.
ROBOTS PARA O FOGAR, A INDUSTRIA E A MEDICINA
¡Canta man de obra nos aforran no fogar!
Non fan todo nin moito menos, pero ofrécennos unha gran axuda que nos permite liberar tempo para outras actividades.
Na industria dá gusto ver como ensamblan as pezas con absoluta exactitude coa supervisión do factor humano.
E na medicina, máis aínda.
Eso si, en medicina a presenza do humano é imprescindible e moi reconfortante para o doente.
OS MEDIOS DE TRANSPORTE
Son cada vez máis rápidos e permítennos trasladarnos por terra, mar e aire con certa facilidade e rapidez.
A moitas persoas permítelles traballar lonxe das súas casas e incluso trasladarse a tomar un café nun país extranxeiro, se lles apetece.
NON SON TAN BENEFICIOSOS OUTROS CAMBIOS
Trátanse dos que afectan a vida afectiva e moral das persoas.
A VIDA AFECTIVA E MORAL
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración esta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora