Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Situar as responsabilidades: Barullos Bélicos (1)

Rubal, Pedro - viernes, 25 de julio de 2025
Esta nova época, que leva o nome de ANTROPOCENO, presenta suficientes probas dun certo predominio nela da "tecnociencia", vinculada cos seus resultados, xa en plena operatividade, e nela xéranse novas responsabilidades, coa esixencia, para evitar barullos, de determinar a súa situación adecuada en consonancia cos novos contextos. E esta é unha tarefa dunha certa complexidade, que obriga aos estudosos a ofrecer diversas opinións.
Sen dúbida, aínda que non todos os lugares do planeta Terra posúen o mesmo avance técnico, a eficacia dos medios de comunicación vai estendéndoo polos diversos países do mundo e xerando a necesidade de adaptar as conseguintes responsabilidades, para así regular os comportamentos e determinar, ao nivel que corresponda, as relativas imputacións, algo nada fácil, porque os sistemas culturais son heteroxéneos. Non obstante, por outra parte, hai que pensar que a civilización técnica, como creación do espírito occidental, en Europa, TEN HOXE UN DESTINO MUNDIAL, sobre todo aquilo que os seres humanos poden e queren facer, presos dunha grande ilusión.
Por tanto, cabe contemplar isto desde dúas perspectivas: A que nos xeran as técnicas coa súa actividade investigadora, unha; e outra, a dos que, máis ou menos, nos vemos afectados polos seus resultados. Evidentemente, a conxunción dos integrantes de ambas perspectivas comportan un enorme incremento de poder; pero, ademais, o cualitativo dos logros científico-técnicos creou novas esixencias, inimaxinables noutros tempos, e na comunicacións, na enorme información que posuímos, sobre todo se pensamos no campo "microelectrónico".
Por suposto, o que se viña facendo pode facerse mellor; pero isto conta pouco se pensamos en todo o novo e descoñecido que hoxe se fai. E, aínda que ignoramos moito, e precisamente por isto mesmo, estamos afectados por unha intriga constante de todo o que se acadará no futuro, ata onde chegará o noso poder, non reducido a sectores, senón entendido en sentido amplo en un marco sistemático sinérxico, que facilite a comprensión unificada das inevitables diversidades, imaxinando e atribuíndo isto a unha función da IA, e sen esquecer que a VINCULACIÓN A ESE PODER INCREMENTADO DA RESPONSABILIDADE tamén aumente considerablemente a situación da mesma na correspondente imputabilidade.
Para demostrarlles o conveniente que é deterse en pensar as novas formas de poder, que implican novas normas éticas, sen desbotar as coñecidas e operativas, pásolles un correo que acabo de recibir hoxe mesmo (3 -7 -25), do Dr. Leanro Sequeiro, filósofo e antropólogo, a quen se dirixe o Dr. D. Ramón Miguel Viguri (rmvigur@deusto.es), que vai coordinar, na Universidade de Deusto, en On Line, un Posgrao de "Experto en Ética de la digitalización y la IA Aplicada", para que la difunda. E aquí estou referíndome ao "poder colectivo", non individual, que incluso pode diminuír, pois a industria, en xeral, vai adquirindo un "poder" cada vez maior, tal e como ocorre coa química, farmacéutica, etc., sumando outras "responsabilidades" ás que xa posuían.
Pero, aínda que os poderes tamén teñen límites, xustamente nos mesmos medios nos que se xeran -como por exemplo a velocidade da luz, non se pode esquecer que nas investigacións xogan o seu papel os presopostos. Pero... quen controla o poder das institucións que fan uso del?. E incluso os mesmos poderes da natureza non impiden que o home extermine animais e vexetais. Así que non contan para o que pretendemos. E como se pode abusar deles evidénciase na tecnoloxía xenética, sobre todo se diferenciamos que as consecuencias derivadas de corrixir un defecto xenético non son as mesmas que as de corrixir o "pool" xenético humano.
En todo caso, o feito de que o poder do ser humano estea limitado por leis da natureza non penso que deba ser motivo de tranquilidade, posto que antes desas limitacións hai outras susceptibles de ser superadas, que son as que temos que considerar, posto que son precisamente as que nos poden levar as catástrofes. Un límite, por exemplo, que nosoutros non debemos pasar é aquel que sinala o que podemos esixir ao planeta fisicamente. Estes límites físicos, atmosféricos, químicos, biolóxicos, etc., invítannos a determinar O QUE DEBEMOS CONCEDER AOS NOSOS DESEXOS, que incluso hai alcanzable, e que nos leva á pregunta DE QUE SE DEBE FACER DENTRO DO FACTIBLE. Aquí, por suposto, vai vinculada toda unha clase de RESPONSABILIDADES.
En esta perspectiva, creo que non podemos omitir a AUTOMATIZACIÓN, esa conversión dos movementos en automáticos e indeliberados, sobre a que é pertinente preguntar ata onde hai que impulsala, posto que isto podemos regulalo; aínda que o problema é que só o pode facer un puñado de homes que actúan nestes límites como técnicos altamente especializados en automatización e tamén en información. Ademais, as institucións do poder ás que hai que acudir contra o automatismo improcedente parece que non están claras, segundo opinan algúns estudosos, e aquí aséntase unha certa "responsabilidade", porque definir os titulares do poder non se presenta fácil, e nestes casos, en última instancia, acábase encartando un pouco a todos.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES