Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ucin Ames

Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) - jueves, 24 de julio de 2025
Un cargo público debe estar fundamentalmente orientado á representación institucional, o que implica actuar en nome e representación da institución que se ostenta, e non en beneficio propio ou de intereses particulares. Isto implica que a actuación do cargo público debe guiarse polos principios de legalidade, obxectividade, imparcialidade e eficacia, buscando sempre o interese xeral e o cumprimento dos fins públicos. Algo que polo que se ve ao alcalde de Ames, Blas García, con cada obra que proxecta en Ames esquéceselle. Pechada a piscina do Milladoiro, tres anos consecutivos con problemas no maior núcleo poboacional do Concello, só este ano 77.000€ malgastados. Todo un exemplo de como o Goberno de Ames fai un mal uso dos recursos públicos. O Goberno de Ames terá que explicar que fallou nas obras de reparación da Piscina Municipal de Milladoiro. En principio contemplábase reparar o recubrimento das paredes; procedéndose á súa impermeabilización; pero durante a súa execución modificouse o contrato para ampliar os traballos de reparación ao recubrimento do chan da piscina. Tras unha modificación contractual, a finais de marzo deste ano adxudicouse "a dedo" un contrato, cun prazo de execución de dous meses para emendar as deficiencias. Dous anos máis tarde, a reparación fai augas e a chapuza está á vista, a poboación de Milladoiro sen servizo de piscina municipal. Sen esquecernos do "centro multifuncional do Milladoiro", xa coñecido polos cidadáns como o "Gaiás do Milladoiro". Outra reclamación que lle transmiten ao candidato de UCIN, José Luis Calo, ás eleccións municipais de 2027, é a recollida de lixo nos colectores soterrados, pois o goberno decidiu pechalos no Milladoiro sen comunicación á veciñanza. Calo, fai incapié en algo que a longo prazo traerá un gran problema para os cidadáns de Ames, o chiringuito Público "Augas de Ames EPEL" que pagamos todos, sen que supoña nin mellora na prestación do servizo, nin beneficio algún para o veciño. Un chiringuito que empezou a funcionar o ano pasado e cuxo principal logro foi o de converterse en parte da rede clientelar do Goberno de Ames. O partido político, Unión de Cidadáns Independentes, demanda políticas de apoio ao pequeño comercio no Milladoiro, afectado pola "humanización da Av. Rosalía de Castro".
Unión de Cidadáns Independentes (UCIN)
Unión de Cidadáns Independentes (UCIN)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES