Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A razón, ¡que lonxe!

Ávila Soto, Federico - viernes, 25 de julio de 2025
A vida..., ¿que cousa é iso? Creámola, coidámola, mimámola, agarimámola... Cando te das de conta, nun suspiro da túa vida, créndote que dun amor, nace amor; a dura realidade, ensínate: que nos, formamos parte da vida. E ti, que formas parte desa vida, que con amor, coidas os sentimentos, que os diñeiros, vanse nunhas alegrías; ¡pobriño de ti! A vida vaiche ensinar, que o diñeiro, ¡forma parte da vida! E Pénsao ben: moi importante, ¡na vida! Versos, versos..., meus.
Si, moi importante, na vida..., e así é, que a razón non cotiza no mercado dos valores, ¡humanos! ¿Que está sucedendo, para que unhas elites políticas, militares, empresariais, ou de conglomerados financeiros e relixiosos, coma o xudaísmo, nos dominen e, permitamos perder todos os valores que a persoa cultivou a través de tantas loitas, de sacrificios, e de exixir "sentidiño" ou razón nos actos, sexan individuais ou colectivos na convivencia forzosamente social?
¿Que pasa nos gobernos "democráticos" para sumarse ás correntes das guerras, por intereses alleos ao pobo que eles representan? ¿De que sirve a palabra, a diplomacia, o parlamento, os partidos políticos, os votantes, o pobo? Uns señores arróganse decisións sen o coñecemento nin o debate necesario, en temas que xogan coa nosa vida, co noso futuro, coa estabilidade e cos nosos sentires sen pedirnos permiso. ¿O capital é o importante? ¡Claro!... ¡Pobriño de ti, a vida vaiche ensinar, que o diñeiro forma parte da vida, e pénsao ben: ¡moi importante, na vida!
E así vemos tanta avaricia, tanto listo nas institucións do Estado, tanto rico, e tantos afamados e afamadas personaxes que nos indican, que o diñeiro é o importante, na vida. A ética, a moral, a educación, o respecto, a comprensión, a axuda, a colaboración parece, xa non forman parte dos obxectivos a conseguir nas nosas crianzas pois, os exemplos que lles damos, van todos encamiñados á adoración do becerro de ouro: casa, auto, móbil último modelo, aparellos tecnolóxicos para xogar ás guerras, porno e sexualidade nas pantallas como comida diaria, para gozo de unhas persoas que, na sombra da delincuencia, manexa astronómicas sumas de capital que os converten en "honorables" pola riqueza acumulada.
¡A razón!, a práctica do razoamento sosegado, culto, respectuoso non se practica. A prensa en mans dos ricos nos menten e nos manipulan, e non hai quen poña as balanzas da razón na lei. Descaradamente, nos censuran toda información que "eles" din, non debemos coñecer nin saber porque "somos parvos" e non comprendemos os problemas. E nos falan de "liberdade", de "democracia”, de "dereitos humanos", de bla, bla, bla... que ninguén se cre xa. ¿Coma é posible o xenocidio do pobo Palestino diante dos ollos de millóns e millóns de persoas, sen que aos nosos dirixentes non se lle caian as vergonzas no seu cargo? E de novo..., ¡que veñen os roxos! A mentirnos para roubarnos o peto da sanidade, das pensións, da educación, da atención a todas as problemáticas sociais, a seguir apostando polos voitres na economía, e facer bo o dito galego de: "a Ribadeo, cada un ao seu" coma política de "divide e vencerás". ¡Que lonxe, a razón!
Ávila Soto, Federico
Ávila Soto, Federico


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES