Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bancos de tempo

viernes, 04 de septiembre de 2009
En tempos de dificultade asoma o inxenio en forma de pequenas solucións a pequenos ou medianos problemas.

Os bancos de tempo son ideas que xurden en colectividades humanas onde aínda é posible a relación directa e significan unha volta atrás no tempo, de xeito que os antigos xeitos de comerciar baseados no troco de produtos ou mercadorías volven a cobrar actualidade, eliminando intermediarios, procurando solución a problemas acuciantes.

Nestes orixinais bancos o que se cotiza é o tempo. E así un membro da comunidade aporta o seu traballo percibindo a cambio calquera contraprestación tanxible ou non. E o que a nivel persoal ou individual sería un imposible, a escala colectiva é posible porque calquera dos membros da comunidade ten algo que ofrecer que a alguén interesa, sexa tempo libre que aplicar a un fin util, traballo, produto, servizo ou calquera contraprestación.

Parece unha volta atrás na evolución comercial, e pode ser, pero sobre todo é unha recapitulación nunha situación cargada con innumerables vicios que ó mellor facilita unha nova evolución por un camiño máis persoal e directo.

Polo de agora é un movemento minoritario, que se da en paises pobres, en comunidades moi diferenciadas, e que en Galicia ten unha xenuina manifestación na viguesa comunidade de Valadares, onde o primeiro xoves de cada vez cobra vida este especialísimo mercado que cada vez ten máis forza.

Polo de agora, a Facenda aínda non intervén neste novo sistema de intercambio de bens e servizos, pero todo se andará. Porque no difícil panorama que se aveciña, esta e outras iniciativas sociais similares poden ter un futuro moi importante.

O dito: o inxenio proporciona solucións en tempos de dificultade. Precisamos inxenio en cantidades industriais.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES