Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pecharán 5.000 tendas

miércoles, 02 de septiembre de 2009
As macrosuperficies significan a morte anunciada para cinco mil tendas galegas, segundo as declaracións do presidente da Federación galega de Comercio, José Mafría Seijas.

É difícil poñerlle rostros ó problema, pero está moi claro. As macrosuperficies creadas en Galicia significan a morte do pequeno comercio que non soubo evolucionar, e para o que non hai lugar na Galicia de hoxe.

Cando comezaron a motnare en Galicia Continentes e Alcampos, a reacción dos consumidores foi entusiasta diante dunha oferta onde milleiros de artigos se expoñían ás apetencias da clientela, en cantidades incribles e a uns precios só posibles polas grandísimas dimensións destes centros comerciais.

Que a maioría sexan de capital extranxeiro, non importa, ou non importa abondo porque se os empresarios galegos quixesen tamén poderían efectuar accións industriais deste tio. Pero cada gran superficie que nace significa a morte de pequenos comercios cunha clientela persoal, cercana, dee toda a vida, que se deixa convencer por invencibles precios e oferrta imposible de igualar.

Pero o Presidente da Federación de Comercio da datos que nos achegan ó problema cando calcula que en Galicia hai cincueta mil pequenos comercios, e o dez por cento desta cifra pode pechar antes de fin de ano.

Setembro e outubro, rematado o eufórico verán, van rexistrar un baixón de vendas, imposible de soportar para moitos pequenos comercios, rebasada xa a tempadade rebaixas que se coida pode supoñer unha baixada do vinte por cento en relación coas vendas do ano anterior.

A noticia é mala, moi mala. E cabe supor que está baseada na realidade crúa, que ninguén mellor que os comerciantes coñecen. As culpas bótanselle ó mercado, á situación xeral, á diminución das vendas, e á dificultade de cmpetir co gran comercio.
Só falta agardar que se equivoque. Aínda que ha ser ben difícil.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES