Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un inquilino, na España dos pro-pie-tarios!

Ávila Soto, Federico - jueves, 17 de julio de 2025
"Onde me fun a meter! / Se da España de Franco fiquei / Á España de Franco tornei!" Estes tres versos, forman parte da miña primeira poesía que, expresan parte do que me sucede cada vez que cambio de aires. Pois si..., tornei á España de Franco en canto a vivenda se refire e, coma se me ocorre a min, tornar da emigración europea sen casa propia no "país dos propietarios e non dos proletarios"? Por iso me pasa o que me pasa por uns simples toldos que, coma inquilino, non merezo a avinza da "presidenta" e seu home que, -poderosos oriúndos de Madrid- dominan a Comunidade de Propietarios e andamos ás liortas ano tras ano.
Vivo nun baixo, con un fronte de 140 metros cadrados de patio comunitario, onde o sol dá de cheo todo o día, no ano 2015 solicito colocar uns toldos na parte máis longa da miña vivenda á propietaria da mesma, o consigue ao 2º intento nun acta escrita por o "home da presidenta" onde di: "se acepta al contar con una mayoría de propietarios a favor de la instalación, no obstante deberá cumplir con la normativa en cuanto a altura libre y la instalación dentro del marco de las ventanas y del mismo color que los toldos existentes".
Coma inquilino ignoro o texto da acta, os diversos propietarios dinme: "aprobouse" Contacto cunha empresa de toldos, que ven axeitado colocar dous de 5 metros e medio de longo cada un, tapando a parte baixa, que é de lousas de pedra. E aí empeza o conflito pois, "no se ajusta a lo que se le autorizó" Ao seguinte ano e na nova xuntanza de propietarios o discuten, e sae de novo maioría de "que queden como están" pero, erre que erre e ano tras ano os amos do cortello o seguen a intentar. Non podendo (por non acudir ao xulgado) inventan unha nova: que os baixe 20 centímetros "para que non lles entren a roubar!!"
Cando por fin podo ler a acta do 2015 e observo ese "no obstante" e seguinte, consulto a lei de propiedade horizontal, e vexo que claramente non se poden engadir pareceres e opinións nin do secretario, nin do presidente nin de administrador algún. Había xa 5 toldos colocados anteriormente noutras tantas vivendas, ningún pediu permiso para colocalos. Recentemente, e pedindo permiso, coloquei un diante da entrada e, de novo os alporicei.
Os "ditadores" (levan 6 anos seguidos de "presidenta") acoden á nova xuntanza con 6 votos (de 8) no móbil, e se nomea así mesma (por maioría de votos) presidenta!, logo dunhas boas discusións coa miña caseira e a súa filla. E queren ir á xustiza para sacarme os toldos! Pois alí os esperamos, a que lle expliquen ao xuíz iso de: "no se ajusta a lo que se le autorizó". Discriminación, abuso de poder, trato desigual, fraude de lei e outras anomalías, xúntanse para domar a un galego acostumado a loitar contra as inxustizas, inda que perda!
Ávila Soto, Federico
Ávila Soto, Federico


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES