Moitas persoas enténdeno así
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 17 de julio de 2025
Todos levamos dentro algo que nos encamiña cara o ben; pero tamén algo que nos encamiña cara o mal.
Non somos nin puramente bos nin tampoco puramente malos.
Digamos que levamos incorporados dous guías contrapostos: Deus e máis Satanás.
Deberíamos deixarnos levar sempre polo guía do AMOR, pero o Maligno traballa noite e día e tamén tira forte.
MOITAS VECES O BO CAMIÑO PRESENTA DIFICULTADES:
-Hai que sacrificarse para adquirir unha boa preparación.
-Hai que esforzarse para labrar un bo porvir.
-Hai que madrugar para acudir ó taballo, e hai que desempeñalo con moito amor e constancia.
-Hai que multipilcarse para compaxinar os labores do fogar cos do mundo laboral.
-Hai que privarse de moitas cousas a cambio de outras mellores.
MOITAS VECES O MAL CAMIÑO ESTÁ DISFRAZADO:
-Promete éxito a primeira vista.
-Promete un porvir pracenteiro sen esforzo.
-Promete vida fácil. ¡Que traballen os outros!
-Promete vida sen compromiso, fóra ataduras...
-Promete vía libre na que todo vale...
¿ONDE ESTÁ A DIFERENCIA?
A diferencia está en que un ritmo de vida esixe esforzarse para entrar pola porta estreita e outro presenta unha porta moi ampla de fácil acceso para calquera.
Pero:
-Nesta vida o que algo quere algo lle costa.
-Quen quere ter boa calidade de vida ha de levar unha vida moralmente correcta.
-Vivir en liberdade é saber elixir a mellor parte.
Vivir en liberdade implica cumprir unas normas de convivencia para que todos poidamos ser felices.
Para ser felices temos que facer felices ós demais.
Facer felices ós demais, a veces, leva consigo, renuncias.
Hai que amar ó outros e non de calquera maneira.
Amalos como Deus nos ama, dicimos os crentes.
NON É TAREFA FÁCIL, PERO MOITAS PERSOAS ENTÉNDENO
-Moitas persoas entenden que a familia é a célula básica dunha sociedade madura e prepáranse a conciencia antes de fundala.
-Moitas persoas fundan familias sólidas: os crentes mediante o sacramento do matrimonio porque saben que se van a encontrar con dificultades que so a gracia de Deus lles vai dar asforzas necesarias para superalas.
Outros con contrato civil, renuncian libremente á axuda da gracia porque se consideran autosuficientes.
-Moitas familias educan ós seus fillos na fe cristiá dentro da Igrexa Católica: mantéñense unidos a cepa que é o mesmo Cristo para dar froitos de boas obras alimentándose da Palabra de Deus e dos Sacramentos.
-Moitas familias respectan a vida desde o momento da concepción ata o desenlace final porque teñen moi claro que a vida é sagrada: un regalo do ceo.
Os crentes sabemos que Deus nos tiña presentes antes da creación do mundo para regalarnos esta vida e mais a futura na gloria.
-Moitas familias ocúpanse dos seus maiores para que non lle falten coidados porque a senectude é unha etapa da vida pola que todos teremos que pasar se non morremos antes.
Non é tarefa fácil nestes tempos que corremos nos que parece que unha parte da sociedade está rompendo co pasado para impoñer outros modelos de convivencia...
OUTROS MODELOS DE COVIVENCIA CON MOITOS FALLOS
-A falta de compromiso estanos levando a unha poboación avellentada, que está necesitando de man de obra extranxeira debido á escasez de nativos.
-Parellas que non queren ter descendencia por comodidade:
¿Haberá algo que poida dar máis felicidade a un matrimonio que o froito das súas entrañas, o milagre a vida?
-Parellas que sustituen a descedencia humana por mascotas
Algúns trátanas como fillos.
Non digo que non se lles queira ás mascotas; pero unha mascota non é un ser humano por moi intelixente e cariñoso que sexa.
¡Vese cada cous nestes tempos!
-Parellas que adoitan mascotas e non coidan ós seus poxenitores.
¿Enténdese eso?
¿Coidaranas as mascotas a elas na enfermidade ou na ancianidade?
¿Levaranas ó medico?
¿Chamarán a ambulancia en caso necesario?
AS DIFERENCIAS ESTÁN MOI CLARAS.
Cambios sociais, si.
O mundo está cambiando constantemente.
Neso consiste a evolución.
Os cambios deben servir para mellorar a calidade de vida dos humanos en relación con todo o ecosistema do que formamos parte.
"CAMBIOS QUE FAVORECEN A CALIDADE DE VIDA"
Este será o título do seguine artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora