Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Loa ás mestras

martes, 01 de septiembre de 2009
Celebrouse en San Martiño de Mondoñedo un acto entrañable no que quince mestras que en tempos exerceran nas catro escolas daquela parroquia, foron homenaxeadas por ex-alumnos/as e veciños/as, nunha mostra de gratitude que as xentes de seu agradecidas nunca esquecen, con independencia de posibles controversias ou avatares ós que da lugar toda convivencia humana, especialmente cando as persoas, no período da súa formación, atópanse con situacións novas e non sempre de súpeto entendidas ou asimiladas, en idades de rebeldía e ás veces de malentendida suficiencia. O tempo, coas leccións da vida, as vivencias contradictoras e o análise ponderado das adversidades vividas no pasado, permiten valorar na xusta medida os traballos, actitudes e sinsabores daqueles/as que nalgunha medida conduciron a formación da personalidade de cada quen. A xenerosidade é a virtude de saber dar, e a gratitude a virtude de saber recibir; é o agradecemento imperecedoiro polo ben recibido. O pobo de San Martiño, e a Confraría do Desenclavo, promotora do mesmo, acaban de dar unha lección de xenerosidade e de gratitude colectivas, cando das homenaxeadas, xubiladas, apenas pode esperarse mais beneficio que o do seu afecto e a súa amizade, sen dúbida dous grandes valores. Pola contra é a da ingratitude moeda corrente, que fíxo decir a Jacinto Benavente : “Poco bueno habrá hecho en la vida quien no sepa de ingratitudes”. Daí que o feito que glosamos encerre especial significado e resulte aleccionador. Alexandro Magno tiña dito: “Debo tanto a Aristóteles, o meu mestre, como a Filipo, o meu pai: éste entregoume un Reino (o de Macedonia) e aquél ensinoume a gobernalo” A xornada vivida en San Martiño deixou un fondo arrecendo de nostalxias e saudades; amontoándose as lembranzas e as bágaos de emoción ó traer ó recordo tantos episodios pasados, pois como alguén dixo “os discípulos son a biografía dos mestres.” Unímonos á celebración con aqueles versos de Publio A. Cordero: “Es en la escuela otra madre / que orienta con sus consejos; / es experta sembradora/ de nobles conocimientos; / es mano suave que guía / y es luz que alumbra senderos./ Es, en suma, la maestra, / manojo cálido y tierno / de bondadosa paciencia / y de maternal afecto”.

Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES