Pasoume a min
Ávila Soto, Federico - miércoles, 09 de julio de 2025
Hoxe non as tiven todas comigo, comprei un aparato de aire acondicionado portátil e, ao querer instalar o tubo de saída de aire na ventá, o que viña co aparato non encaixaba ben, fun entón a unha carpintería a que me fixeran unha madeira do alto da ventá, co burato da saída do aire para axustar o manguito que ven co aparato. Fun pola mañá cedo no autobús pois, a carpintería está a case tres quilómetros de onde estou a morar. O carpinteiro díxome que pasara a recoller a madeira antes das sete do serán, denantes desa hora collo de novo o autobús e alá me vou..., estaba pechado! Coma faltaba case unha hora para as sete do serán, alí me quedei a esperar se viña o carpinteiro. Ao lado había outra carpintería, entrei nela e dubidei... parecía a mesma pero, a persoa era distinta; lle contei o da madeira e o parecido da carpintería, díxome que era primo seu, e que se estaba pechado sería por un traballo nas aforas, seguín a esperar por fora das dúas carpinterías. A uns dez metros atopábase un súper mercado, aos poucos, vexo que sae do súper un home duns cincuenta anos, un pouco desaliñado e farfallando palabras que non cheguei a entender. Eu estaba de pé na beirarrúa, diante tiña un furgón Wolwagen da carpintería do lado; cando o home ía a altura do Wolwagen e no medio da rúa, vexo sae do súper un mozo ben plantado atleticamente, de un metro oitenta polo menos, o sinala co índice e o chama...
- Heeee...! ti..., ven pa co!
- Eu? -di o home-
- Si, ven pa co, que estivemos a ver que collías algo sen pagar...
- Me cagho en Deus! Que dis?
- Ven pa co, e ensínanos todo o que levas contigo.
Ho home alporizouse, botando fume en forma de palabras inxuriosas e, colle a mochila que levaba no costado, a tira ao chan, e a baleira de roupas súas e de todo o que levaba nela, baleirando tamén os petos do pantalón sen deixar de botar coños e carallos. Fixeime, que o mozo atlético do súper, baixou a agresividade cara aquel home por non atopar nada do que o acusaban. Desculpouse dito mozo e o deixou marchar..., ata xunta min..., que, sen dicir ren debido á distancia, fun o obxecto do desafogo de aquel home, pequeno, vivo e desaliñado que se fixou en min dicíndome:
- Non viu o que me fixeron estes cabróns?
- Non sei ben o que pasou... -dixen a modo de desculpa-
- Eu entrei a pedir algo que comer, pero estes cabróns non me perdían de ollo, perdóeme..., pode darme algo para o autobús a Elche, onde vivo, pois estou sen un can... (o billete custa uns 2 euros a viaxe de once quilómetros)
O mirei aos ollos..., dun azul celeste vivos e agradables..., e mentireiros! Á cabeza se me viñeron tempos pasados, tempos nos que me introducín no mundo da hostalaría cunha "Taberna Gallega" de tanto traballo, de momentos bos, coma de "paxariños" nun mundo descoñecido de tantos aproveitados, calotes e mentireiros que, con toda a naturalidade do mundo che di: "non me da para o tren a Galicia, pódesme prestar dúas mil pesetas para coller o tren, virei para traerchas de volta? E claro que lle din as dúas mil pesetas, a un paisano que nunca máis volvín a ver. E así mesmo me pasou con outras celebridades que camiñan neste mundo da falta da ética, da honradez e da mentira coma coitelos que rompen a confianza na persoa humana. Botei man ao peto, no que levaba unhas moedas, tres billetes de 20 e un de cinco euros (para pagar a madeira), agarrei o billete de cinco euros e llo din a aquel home que, sorprendido me dixo:
- Deus..., por fin atopo alguén con corazón! Cinco Euros?
Da sorpresa de verse cun billete de 5 euros, pasou a contarme partes do seu mundo: "eu tiña catro casas, e todas as perdín por culpa das miñas mulleres, caseime dúas veces, e sabes..., a min se me daban ben as mulleres, gañei moitos cartos pero, se me ían porque me gustan moito..."
- Claro..., o teu vicio son as mulleres, e así andas...
En ese momento e disimuladamente, (estábamos por diante do Wolwagen) agáchase e, agarra un pequeno paquete plástico de embaixo do morro do bus é, con toda a naturalidade do mundo, coma se eu non o vira facer aquel movemento, seguía a falarme, ao mesmo tempo que rachaba o plástico dunha das partes de aquel paquete, e se pon a comer o seu contido (chourizo a liscas) con verdadeira fame! Quedeime sorprendido, pero sen dicirlle ren..., do que estaba a ver.
Seguimos a falar, mentres el seguía a engulir o contido de aquel paquete de comida con unha naturalidade que me sorprendía, coma se estivera ausente do que eu puidera pensar do que estivera a ver, da viveza aguda que mostrara, ao desfacerse instintivamente, do que minutos antes collera sen pagar no súper é, ao verse sinalado e ameazado por aquel mozo tan ben plantado que atemoriza a calquera, tirar o roubado embaixo do bus no que eu estaba plantado, de pé diante del, que non vin.
Pensando no espelidos que son moitos personaxes que nos cruzamos nos camiños da vida, quedamos coma amigos, deume a man, foi cara a estación dos buses, e eu funme para casa a pé, porque o autobús acabara de marchar, e de este personaxe esquecerme... Ao día seguinte cedo, funme de novo ata a carpintería, onde xa estaba o carpinteiro coa madeira xa terminada. Logo, llo contei á miña dona que, o primeiro que me lembrou, foron aqueles anos dos galegos (e outros) que van polo mundo á pedincha, coma fórmula da perda da ética e da vergonza. E nos botamos unhas boas risas, a conto de estas miserias que nos pasan, e pasoume a min!

Ávila Soto, Federico