Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Enfermidades que nos baleiran

Sampedro, Pilar - jueves, 17 de julio de 2025
Volvo ao Alzheimer, neste caso ao redor dunha obra que non é infantil, que non responde a ningunha convocatoria pero si a unha iniciativa solidaria.

José Manuel Pérez Lema crea 'Azlheimer de lirbo' con textos e fotografías. O libro semella ter unha axuda da Deputación da Coruña e pensado para colaborar coa asociación AFABER (Asociación de Familiares de Alzheimer de Bergantiños), sección de Carballo, para onde van os beneficios da venda. O título responde ao diagnóstico (Alzheimer de libro) que o especialista lles transmite, ao irmán e ao autor, na visita a xeriatría psiquiátrica. Esa maneira de desfacer a ortografía ten moito que ver coa doenza e a confusión que asalta ante a sentencia.
Enfermidades que nos baleiran
Certamente é necesario todo tipo de apoio a estas asociación que se fan cargo do que a administración non asume en canto ao coidado das persoas enfermas e a axuda ás familias. No artigo anterior viamos unha iniciativa por parte de AGADEA, e neste, a maneira na que un usuario devolve a colaboración recibida. Moi importante ter isto en conta, porque seguro que abunda o esquecemento cando remata o problema e, por isto é tan fundamental dar a coñecer estas accións.

Nun formato cadrado de catálogo de exposición accedemos a esta obra multidisplicar na que fotografías e textos bailan ao compás. Dividida en tres apartados: Relatografías I e II e Caderno de Bitácora. A diferenza entre ambas partes é evidente, no caderno recóllense eses textos máis próximos ao diario no que un fillo conta o devir da situación, a relación coa nai, as observación da evolución da enfermidade... de manira máis concreta. O día a día no que emborcar as observación (os primeiros despistes, a falta de recoñecemento de lugares e persoas próximas, os cambios de humor e de destrezas ou competencias, as repeticións, as lagoas na memoria, as variacións de medicación, a participación nos coidados, os obradoiros da asociación que vive como se fose unha volta á escola, as coherencias e incongruencias, as caídas no burato cando deixa de ser a de sempre, os intres de lucidez, as solucións que traen consigo novos problemas, as situacións nas que se pon agresiva, as alucinacións das que é vítima, a recreación da realidade, a volta aos tempos anteriores sentíndose nena, a sensación de soidade, o que se di sabendo que é mentira por parte de quen fala e de quen escoita, eses momentos nos que o coidador pensa que nunca o fai ben, esa forma de asirnos á vida cando xa todo rematou e o sabemos (por se volve), a asunción das noticias máis terribles cambiando de canal, o cansazo, a desesperación, a risas compartidas...). Este é o papel ese papel no que desafogar, por iso, o autor vaise detendo en cada fase, vai recollendo a creación da "outra casa" á que a nai quere volver e que xa só debe estar no seu maxín, os avances e paradas na colcha que está a facer a gancho ao longo do todo o tempo, esa maneira de atrapar o tempo da nai, as súas frases "Eu quero dicir unha cousa, pero non sei que cousa quero dicir " (...) "Se polo menos viñese a cousa, esa cousa escura que hai nas casas", "Teño o demo"... e a maneira de xurar con respecto "Me cagho en Dios. Deus me perdoe, Nuestro Señor". As reflexións propias e compartidas: "Non hai con quen falar", "É como se eu fose un exorcista e falase cunha persoa posuída", "Hai días nos que case todos os internos do xeriátrico están tristes, como se se contaxiasen uns aos outros. Cabeza caída e mirada perdida". Esa tenrura e temor na retirada de todo o que poda resultar perigoso, incluso os espellos por se non se recoñece.

O fillo, coida á coidadora eterna da casa e da familia, que continúa coa dedicación pensando que son outros os enfermos ou dicindo que xa lava ela os pratos no hospital.

Hai algo que chama a atención, esa maneira na que o autor fala sempre dela como de mamá, nunca a pasa á terceira persoa, ao tempo impersoal do nai, nunca o fai e iso fala da autenticidade do relato.

Hai lírica. A dos afectos. A poesía que leva o pobo, no seu interior, e sae ás veces nas cantigas populares, nas metáforas naturais, nos xuramentos inxenuos, na interpretación do que sente, na expresión dos sentimentos...

A imaxe da cuberta, igual que o título, é un verdadeiro símbolo que sintetiza todo o que dentro se conta: esa cesta na que froitas e lans se mesturan de forma natural e que xa vimos antes nas casas cando as nais deixan sobre a mesa a labor que andan a facer, pero aquí é outro o significado e fainos pensar igual que esa bolsa na que a nai xunta o que quere levar cada vez que pensa en marchar: o mandil, o secador de pelo, algo de roupa interior, as agullas de calcetar os lapiseiros de cores e o caderno dos mandalas. Si, os mandalas, eses debuxos que representan as forzas que regulan o universo e que serve como apoio da meditación ou para a busca da calma.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES