Necesidade das virtudes
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 10 de julio de 2025
Vivimos nun tempo no que se fala moi pouco das virtudes.
Fálase moito de valores, de ideoloxías...
Valores, claro que fan falta pero sen despreciar as virtudes.
Poden ser: teologais e cardinais.
As teologais van referidas a Deus, para os crentes; pero tamén valen para ateos e agnósticos.
Son tres: fe, esperanza e caridade.
As cardinais refírense ó próximo: prudencia, xustiza, fortaleza e templanza.
¿NON SON NECESARIAS HOXE EN DÍA?
Un católico está convencido de que si.
Un ateo pode dicir que non; pero eu pregúntome:
¿NON CÓMPRE TER MOITA FE NO QUE FACEMOS?
Un estudiante, un pai, un empresario, unha nai de familia, un traballador, unha persoa calquera...
¿Non precisa poñer fe no que fai?
Claro que a precisa, e moita.
Se un estudiante non ten o convencemento de que pode sacar adiante un estudios...
Malamente.
Se un pai cre que non pode sacar adiante a familia...
¡Pobre!
Se un empresario no conta sacar partido da empresa que tanto suor lle costa...
A súa economía vai a pique.
Se unha nai de familia non confía na educación que lle dá ós seus fillos...
Está abocada ó fracaso.
Se un traballador non é capaz de facer o seu cometido con amor para levar un soldo á casa...
¿Para que madruga tódolos días?
De todas estas persoas, ninguén coñece o froito do seu labor mentres non o realiza, pero confía que todo irá ben.
O FUTURO NINGUÉN O SABE; PERO PRECISA CONFIAR.
Precisamoa ter fe no que facemos.
Precisamos ter esperanza de que todo vai ir ben porque a esperanza non defrauda e o tempo pon as cousas no seu sitio.
Precisamos amor e caridade no que facemos para sentírmonos ben.
O amor é o motor do mundo.
Se falla o amor, falla todo.
¿QUEN FAI TODO ESTO POSIBLE?
Por moi valente, por moi intelixente, por moi rica, por moi influinte que se considere unha persoa sempre necesita apoio dun ser superior que os cristiáns chamamos Deus.
¿POR QUÉ?
Porque o dono da valentía é Deus, non hai cartos no mundo que a paguen.
O dono da intelixencia é Deus; tampouco hai tendas onde vendan intelixencia natural por moitos cartos que se teñan.
Porque os cartos tamén os dá Deus a través das cualidades coas que nacemos e aplicamos correctamente na vida cotiá.
Porque unha persoa pode ter máis ou menos influencias según as capacidades de sociabilidade que Deus lle dá.
E NO TOCANTE ÁS VIRTUDES CARDINAIS:
Van dirixidas principalmente ás persoas que encontramos no camiño da vida.
Din que a prudencia é a nai da ciencia porque cando non se está seguro...
A prudencia é a mellor medida porque quen moito fala, moito erra.
A xustiza é a medida xusta que lle corresponde a cada un.
A fortaleza é unha virtude que nos impide desfalecer cando a vida nos apreta.
E a templanza convídanos a actuar con moderación tendo autodominio dun mesmo cando a chispa está a punto de saltar...
Todas estas virtudes levan implícitas unha forza superior que só un ser superior pode dar, ó que os crentes chamamos Deus.
Deus transmítnolas a través do ESPÍRITO SANTO.
¿CÓMO SERÍA O MUNDO SE LEVÁRAMOS Á PRÁTICA ESTAS SETE VIRTUDES?
- Confiaríamos uns nos outros.
- Esperariamos un trato recíproco como é debido.
- Recibiríamos e daríamos amor a todas horas.
- Non teríamos problemas coa xustiza.
- Seríamos fortes ante a adversidade.
- Non precisaríamos dar renda solta á xenreira.
RESUMINDO:
Queremos inventar fórmulas novas para favorece-la convivencia; pero a min paréceme que coas que temos, hai suficientes.
O QUE SI PRECISAMOS É NON DARLLE A ESPALDA Á REALIDADE.
Necesitamos apoio do Alto.
Rexeitalo, implica rexeitar o AMOR.
O que fai é apartarnos da nosa Orixe.
"MOITAS PERSOAS ENTÉNDENO ASÍ"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora